xoves, 30 de abril de 2020

Xoves, 30 de abril

BOS DÍAS NENOS E NENAS!

Onte, as vosas mestras tiveron un pequeno problemiña no blog, que rápido amañaron porque son unhas máquinas. A dúas das tarefas custoulles un pouco poñerse a funcionar. Para que isto non volva ocorrer, Mónica e Noa decidiron adicar o día de hoxe a formarse e mellorar a súa competencia dixital, aproveitando así tamén toda a ponte festiva. Así que, deixáronme a min como máxima responsable da entrada de hoxe. Ao principio pareceume moi boa idea, pero rapidamente decateime de que eu non tiña nin idea de como ía a facer iso. Aínda que observo e estou moitas veces con elas cando traballan, o certo é, que non presto moita atención…

PERDOADE, QUE NON ME PRESENTEI!
Esta son eu:

Algúns e algunhas de vós xa me coñecedes. O meu nome é Simba e son a cadela da mestra Noa. En febreiro cumplín 2 aniños. Son unha cadela de tamaño medio, aproximadamente peso 5kg. O meu corpo é fibrado (e iso que é? Pois que teño moito músculo!), teños unhas patas finas e longas e un rabo longo e peludo. Son de cor canela, cunha gran mancha branca no peito. O meu pelo é liso e suave e gústame levalo curto, aínda que agora mesmo está longo xa que non podemos ir a perruquería. A miña cara parécese moito a dun yorkshire, pois son unha cadela mestiza, é dicir, meu pai é un yorkshire e a miña nai non é de raza recoñecida. Teño ollos grandes e negros, unha nariz pequena e respingona e unhas orellas puntiagudas. A miña alimentación é omnívora, pois teño o meu penso de polo e verduras, pero a maiores sempre consigo que me den un pouquiño de comida de verdade. Son unha cadela moi xoguetona e cariñosa. Encántame saír a pasear, sobre todo se me deixan ir solta, para así poder correr moito e xogar con paus. Cando estou na casa, gústame moito sentarme nunha cadeira e observar pola ventá todo o que sucede fóra. Ás veces, tamén me adico a roubarlle os calcetíns ao papá de Noa e levalos para a miña cama para xogar con eles. Son moi lista, pois sei sentarme cando mo mandan, dar as dúas patas, tumbarme e estirarme coma se estivese facendo ioga. Tamén son unha boa cadela de garda, pois non me agrado moito coñecer nova xente e cando veñen a casa, ao principio, ládrolles para protexerme ata que me acostumo a súa presenza.
Tedes xa unha idea de como son?

Como ía dicindo antes, hoxe encárgome eu do blog. Comezaremos coa materia de Lingua Castelá. Aquí, as vosas mestras botáronme unha man, pois deixaron o traballo preparado. Eu tan só vos teño que indicar que pinchedes sobre a imaxe.


Que tal vos foi? Seguro que moooi ben. Pois non deixo de escoitar como as vosas mestras falan do traballadores e estupendos que sodes todos e todas!
Agora toca Plástica. Polo que me comentou Mónica, tenvos preparada unha sesión das chulas. Non o penses máis e pincha na imaxe!


A última tarefa de hoxe será Escritura. Cotilleei un pouco e... estou segura de que disfrutaredes moito desta actividade!


Xa que me gusta moito xogar... o reto diario de hoxe decidín que sexa un xogo, apetécevos?



E ata aquí o meu día como bloguera. Espero que o pasarades tan ben coma min e que non sexades moi críticos comigo. Despídome dende o sofá xa que vou descansar un anaco, pois tanto ordenador deixa a unha molida...




ATA A PRÓXIMA!

mércores, 29 de abril de 2020

Mércores, 29 abril








Bos días rapaces e rapazas!
Que tal levades a semana? Nós moi contentas de ver que vos gustan as nosas propostas. Se queredes aportar algunha idea podedes enviárnola xunto coas tarefas e tentamos incorporalas.


O mércores é un estupendo día para traballar lingua galega, investigar en ciencias sociais e tamén practicar un pouco a lectura, non che parece? Pois imos alá


https://www.dropbox.com/s/qbfplrinrt2n2nh/Lingua%2029%20abril.pdf?dl=0 
É moi importante a hora de falar e escribir ter un vocabulario amplio e non repetitivo, os sinónimos e antónimos axúdanche a isto.
 Pincha na imaxe e verás que son conceptos moi sinxelos. 





 Efectivamente! Unha vez repasados e traballados, ampliarás o vocabulario cun pasapalabra. Tenta usar as palabras aprendidas.




https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5594380-sinonimos_e_antonimos.html

 En Ciencias Sociais continuamos traballando sobre o pasado, presente e futuro, pero hoxe indagaremos especialmente sobre un dos instrumentos que nos permite medir o tempo. Imaxinas cal?


https://www.dropbox.com/s/q9fsjqn9qrh4tg8/RELOXO.pdf?dl=0

 É importante que visualices o vídeo que poñemos a continuación, pero só cando chegues a unha pregunta que che custe reponder, NON ANTES!







Despedimos o traballo de hoxe cunha breve lectura. Ó final da mesma hai un xogo que, se queres, podes facer para comprobar a comprensión lectora.







 Sen máis, por hoxe xa é suficiente, deixámoste cun reto. Só entenderás se realizaches as tarefas anteriores. Ata mañá!









martes, 28 de abril de 2020

Martes, 28 de abril


BOS DÍAS NENOS E NENAS!

CARITA TRISTE PARA ILUMINAR - Imagui



O martes xa está aquí: un novo día para seguir aprendendo e desfrutando! 







Na sesión de hoxe, traballaremos as materias de Lingua Castelá e Plástica, pero dun xeito diferente. O traballo nas dúas materias vai a estar moi relacionado e pensamos que vos vai gustar moito. Ademáis, temos preparada tamén unha nova actividade de Escritura. Imos aló!

Hoxe será necesario que fagades primeiro si ou si a tarefa de Plástica, pois sen ela non poderedes levar a cabo o traballo de Lingua Castelá. Así que clicka na imaxe para descubrir de que se trata!


Unha vez rematada a tarefa de Plástica, podemos poñernos con Lingua Castelá. O contido a traballar hoxe é a descrición de paisaxes... Comezas xa a sospeitar que será o que tes facer? Pois pincha na imaxe e corre a descubrilo!


Como xa vos dixemos antes, a actividade de Escritura de hoxe é diferente a todas as que levamos feitas...



Antes de dicirvos adeus por hoxe e deixarvos co reto diario, queremos recordarvos unha cousiña. Hai xa dúas semanas que vos propuxemos facer unha receita na casa e escribila. Moitos e moitas de vós xa nos fixéstedes babear lendo e vendo as fotos das vosas creacións, pero hai moitos nenos e nenas que non se animaron a cociñar. Con todas as receitas estamos creando un libro que quedará para sempre na biblioteca da escola e que compartiremos tamén no blog. A nós gustaríanos moito que este libro contase coa colaboración de todos os alumnos e alumnas de 3º, polo que dende aquí animamos a aqueles e aquelas que aínda non se atreveron, a entrar na cociña e manchar as mans. O xoves será o último día para poder enviarnos esta actividade. 


ATA MAÑÁ!

luns, 27 de abril de 2020

Luns 27 de marzo








Benvido e benvida!

Adiante, entra, estás no teu recuncho e espazo de 3º.


Onte foi un día moi especial porque agora todos e todas podedes saír a rúa un anaquiño diariamente e nós estamos tremendamente contentas por iso, asique decidimos facer reformas! 

Por iso ves o blog diferente, gústavos?

Hoxe traballarás na área de lingua galega, ciencias socias e un pouquiño de lectura, como sabes vimos de celebrar o día do libro pero ler é importante SEMPRE. 


https://www.dropbox.com/s/eu7w2tiu06wj1ge/Lingua%2027%20abril.pdf?dl=0
Hoxe en lingua galega, farás unha misión moi importante. Cremos que o mundo necesita da axuda dos nenos e nenas. Nós sempre soubemos que sodes e seredes o máis valioso e importante que ten a sociedade e agora te a oportunidade de demostralo.
 (pincha na imaxe)


Por suposto, aínda non poderemos poñelo en práctica ata que se poida facer xogos de máis dun participante pero debemos ir traballando na elaboración do manual, non che parece? 

En Ciencias sociais, reflexionarás e aprenderás  sobre un concepto tan amplio como é o tempo.

https://www.dropbox.com/s/rtlx0dhnybg96ig/pasado%2C%20presente%2C%20futuro.pdf?dl=0


Para rematar propoñémosche unha lectura un pouco diferente a que estas acostumado/a. Trátase de saber interpretar un prospecto dun medicamento.

http://www.ceiploreto.es/lectura/Ficha20.pdf






Despedímonos cun novo reto. Ata mañá!













 

venres, 24 de abril de 2020

Venres, 24 de abril

Saludo Hola GIFs | Tenor

MOI BOS DÍAS DE VENRES!

E así, sen darnos apenas conta, superamos outra semana máis 

Na sesión de hoxe imos traballar coas materias de Lingua Castelá e Ciencias Naturais.

En Lingua Castelá, témosvos preparados uns exercicios moi sencilliños de ortografía, concretamente traballaremos coa b e a v.



En Ciencias Naturais, continuaremos un día máis traballando coa materia. Nesta ocasión, afondaremos nos diferentes tipos de materiais existentes e nas súas propiedades. Clicka na imaxe para coñecer máis sobre o tema!


Rematamos a sesión de hoxe cunha actividade de Escritura.



O reto de hoxe é algo diferente, animámosvos a facer un marcapáxinas de origami para marcar as vosas lecturas.


BOA FIN DE SEMANA E LEDE MOITO!

xoves, 23 de abril de 2020

Xoves, 23 de abril






Bos días rapazolas e rapazolos!


Sabedes que día é hoxe? Efectivamente, xoves 23 de abril e polo tanto, día Internacional do libro. Moitos de vós xa investigástedes o motivo de que sexa este día, para os que non, ide a actualización anterior. 

Hoxe é un día especial polo que faremos actividades diferentes as que estamos acostumados/as. Que vos parece?

Primeiramente e como non podía ser doutra forma vamos a escoitar un conto...



 Agora pincha na imaxe para reflexionar un pouqiño acerca deste libro. Que fala da importancia de querernos a nós mesmos. A súa autora é Raquel Díaz Regueira e neste caso está narrado por Rozalén.


https://www.dropbox.com/s/qfwcyecfpxm0h0g/23%20abril.pdf?dl=0



Dado que tivo tanto éxito o rosco de pasapalabra na vez anterior deixámosvos agora cun rosco para comprobar que tan bos lectores sodes. Xa nos contarás que tal che foi.


Recuso extraído de Biblionovoa do CEIP Arquitecto Casas Novoa



Para finalizar o día de hoxe realizarás unha actividade moi especial, na que crearás un libro, un moi  importante porque ti eres o protagonista. Crearás a TÚA HISTORIA DE VIDA.
Precisarás axuda dun adulto para levala a cabo pero de seguro que se te animas o resultado será marabilloso.

https://www.dropbox.com/s/w3h1hwe9hro0jpy/Historia%20de%20vida.pdf?dl=0


Ata mañá, hoxe non nos despedimos como de costume cun reto senón cunha imaxe animándote a ler, non importa qué, pero LE.

 



 

mércores, 22 de abril de 2020

Mércores, 22 de abril

BENVIDO MÉRCORES! 


E xa estamos na metade da semana, como a levades?

Na sesión de hoxe imos traballar coas materias de Lingua Castelá e Ciencias Naturais.

En Lingua Castelá centrarémonos na descrición de obxectos. Clicka na imaxe para coñecer unha serie de pautas que che resultarán moi útiles.


Na materia de Ciencias Naturais, seguiremos traballando cos contidos da materia. Apetéceche? Pois pincha na imaxe!


Deixámosvos aquí o enlace ao experimento por partes que fixemos antes de Semana Santa, para aqueles que queiran repetilo ou que todavía non o fixeron. Tamén un enlace a un video para que vos queden todavía máis claros os cambios de estado da materia.

 

Para rematar, hoxe tócanos traballar un pouco a Lectura.  Recordade ler varias veces o texto e comprendelo para poder repostar de forma adecuada.



Non podemos marchar sen deixarvos o reto do día


DEICA MAÑÁ!

martes, 21 de abril de 2020

Martes, 21 de abril





Ola nenos e nenas! Que tal comezaches a semana? Esperamos que ben!

 Nós estamos moi contentas porque recibimos moitas recomendacións con libros para ler, cremos vamos contruír unha gran biblioteca. Se aínda non enviaches a túa proposta, non te preocupes que estás a tempo de facelo.


https://www.dropbox.com/s/yufqty4xlrzax6c/verbos%2021%20abril..pdf?dl=0Hoxe comezaremos repasando os verbos na área de lingua galega, cunhas tarefas interesantes. A continuación realizarás un xogo para repasar as clases de palabras que levamos traballadas ata o momento.


https://quizizz.com/join/Para poder repasar as diferentes clases de palabra fai o seguinte:                                                 -Pincha na imaxe.                                     -Introduce o código: 975273.                       -Escribe o teu nome e a xogar.

 Para continuar co traballo de hoxe, afondaremos no proxecto sobre a lectura, as mestras tamén fixeron a súa proposta tal é como che indicabamos. Pincha na imaxe e verás.


https://www.dropbox.com/s/7isn22jd3cmq884/21%20abril.pdf?dl=0

https://www.dropbox.com/s/7isn22jd3cmq884/21%20abril.pdf?dl=0


Acabaremos cunha sesión de Educación plástica diferente ó que estas acostumado/a pero seguro que sairán ideas moi orixinais e creativas.

https://www.dropbox.com/s/y8c3sjkiurvmom1/Creaci%C3%B3n%20personal%2021%20abril.pdf?dl=0


Como xa é costume despedímonos cun reto, ata mañá!


                                  

luns, 20 de abril de 2020

Luns, 20 de abril


BOS DÍAS DE LUNS! 

Que tal foi a fin de semana rapaces e rapazas?

Este luns imos traballar coas materias de Lingua Castelá e Ciencias Naturais.

En Lingua Castelá reencontrarémonos coas familias de palabras e coñeceremos os campos semánticos.


En Ciencias Naturais retomaremos o tema 4 que estabamos traballando antes de Semana Santa. Como sabemos que as vacacións a moitos e moitas fannos esquecer algunhas cousas, hoxe faremos un repaso.


Para rematar a sesión de hoxe e dado que axiña será o Día do Libro, propoñémosvos un PROXECTO LECTOR. Que non sabes o que é iso? Pois pincha na imaxe e o descubrirás!



Despedímonos co xa habitual reto diario



DEICA MAÑÁ!

venres, 17 de abril de 2020

venres, 16 de abril





Bos días nenos e nenas!
 Hoxe é venres e temos un traballo moi especial para ti. Imos alá!

En primeiro lugar, imos traballar na área de lingua castelá unha mestura de exercicios e actividades para reflexionar sobre a ortografía. Para activar esa cabeza pensante debes resolver uns crucigramas. É importante que anotes todas as palabras nun papel.

PISTA: nun deles todas as palabras teñen v no outro todas b.


https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5461299-ortografia.htmlhttps://es.educaplay.com/recursos-educativos/5463190-ortografia.html




 Resultouche doado ou difícil? Espero que te acordaras de anotar as palabras porque valas necesitar para as seguintes tarefas.

https://www.dropbox.com/s/c3247zgbwe8o4gt/ortograf%C3%ADa%2017%20marzo.pdf?dl=0


Para finalizar, deixámosche unha proposta de educación plástica. Podes por música instrumental de fondo, a que máis che guste, como faciamos na aula e desfrutar creando a túa obra.



Isto é todo por hoxe, queremos animarte a que esta fin de semana te metas na cociña e prepares comidas deliciosas e saborosas e nos envíes a foto e a receita. As mestras tamén nos Imos poñer mans á cociña! Faremos un receitario con todas, ANÍMATE!














                                       

 

Bo verán

Boísimos días a todos e todas! Estás nervioso ou nerviosa?  As mestras moito. Hoxe o curso chega a súa fin, un curso que foi moi d...