Queridos/as alumnos
e alumnas, estimadas familias:
Somos Noa e Mónica,
as titoras de terceiro. Creamos este blog para que poidamos estar un pouco máis
en contacto ademais dos correos que vos deixamos ó final da páxina e que estes días separados se
fagan máis fáciles.
A situación que estamos
a vivir é moi diferente ó que estamos acostumados e cada familia vivímola de forma distinta. Por iso a nosa intención é publicar diariamente unhas
actividades que nos permitan repasar un pouco o que fixemos ó longo do curso,
tamén propoñervos retos e actividades divertidas, así como, recursos que hai na
rede e vos poidan servir para aprender e entretervos ó mesmo tempo.
Pequenos e pequenas
xunto coa vosa familia decidide como organizarvos, horarios, rutinas, materiais
cos que contades… trátase de crear un espazo de aprendizaxe, contacto e
intercambio de experiencias e por encima de todo un espazo agradable para todos nós.
Ante calquera
dúbida, proposta, suxerencia… tanto de pais e nais como vosa non dubidedes en
contactarnos. Como ben sabedes camiñamos todos e todas na mesma dirección e cun
obxectivo común.
Esta é unha situación nova para todos, á que
nos temos que ir adaptando segundo vaia pasando o tempo.
Esperamos os vosos comentarios no blog e por
suposto un correo as vosas mestras para contarnos que tal estades.
Unha moi forte aperta!
Ningún comentario:
Publicar un comentario