xoves, 30 de abril de 2020

Xoves, 30 de abril

BOS DÍAS NENOS E NENAS!

Onte, as vosas mestras tiveron un pequeno problemiña no blog, que rápido amañaron porque son unhas máquinas. A dúas das tarefas custoulles un pouco poñerse a funcionar. Para que isto non volva ocorrer, Mónica e Noa decidiron adicar o día de hoxe a formarse e mellorar a súa competencia dixital, aproveitando así tamén toda a ponte festiva. Así que, deixáronme a min como máxima responsable da entrada de hoxe. Ao principio pareceume moi boa idea, pero rapidamente decateime de que eu non tiña nin idea de como ía a facer iso. Aínda que observo e estou moitas veces con elas cando traballan, o certo é, que non presto moita atención…

PERDOADE, QUE NON ME PRESENTEI!
Esta son eu:

Algúns e algunhas de vós xa me coñecedes. O meu nome é Simba e son a cadela da mestra Noa. En febreiro cumplín 2 aniños. Son unha cadela de tamaño medio, aproximadamente peso 5kg. O meu corpo é fibrado (e iso que é? Pois que teño moito músculo!), teños unhas patas finas e longas e un rabo longo e peludo. Son de cor canela, cunha gran mancha branca no peito. O meu pelo é liso e suave e gústame levalo curto, aínda que agora mesmo está longo xa que non podemos ir a perruquería. A miña cara parécese moito a dun yorkshire, pois son unha cadela mestiza, é dicir, meu pai é un yorkshire e a miña nai non é de raza recoñecida. Teño ollos grandes e negros, unha nariz pequena e respingona e unhas orellas puntiagudas. A miña alimentación é omnívora, pois teño o meu penso de polo e verduras, pero a maiores sempre consigo que me den un pouquiño de comida de verdade. Son unha cadela moi xoguetona e cariñosa. Encántame saír a pasear, sobre todo se me deixan ir solta, para así poder correr moito e xogar con paus. Cando estou na casa, gústame moito sentarme nunha cadeira e observar pola ventá todo o que sucede fóra. Ás veces, tamén me adico a roubarlle os calcetíns ao papá de Noa e levalos para a miña cama para xogar con eles. Son moi lista, pois sei sentarme cando mo mandan, dar as dúas patas, tumbarme e estirarme coma se estivese facendo ioga. Tamén son unha boa cadela de garda, pois non me agrado moito coñecer nova xente e cando veñen a casa, ao principio, ládrolles para protexerme ata que me acostumo a súa presenza.
Tedes xa unha idea de como son?

Como ía dicindo antes, hoxe encárgome eu do blog. Comezaremos coa materia de Lingua Castelá. Aquí, as vosas mestras botáronme unha man, pois deixaron o traballo preparado. Eu tan só vos teño que indicar que pinchedes sobre a imaxe.


Que tal vos foi? Seguro que moooi ben. Pois non deixo de escoitar como as vosas mestras falan do traballadores e estupendos que sodes todos e todas!
Agora toca Plástica. Polo que me comentou Mónica, tenvos preparada unha sesión das chulas. Non o penses máis e pincha na imaxe!


A última tarefa de hoxe será Escritura. Cotilleei un pouco e... estou segura de que disfrutaredes moito desta actividade!


Xa que me gusta moito xogar... o reto diario de hoxe decidín que sexa un xogo, apetécevos?



E ata aquí o meu día como bloguera. Espero que o pasarades tan ben coma min e que non sexades moi críticos comigo. Despídome dende o sofá xa que vou descansar un anaco, pois tanto ordenador deixa a unha molida...




ATA A PRÓXIMA!

7 comentarios:

  1. Hola. Me gusta tu perrito.
    Que mono.
    Soy Xabi.

    ResponderEliminar
  2. Ola!son Noa. Simba é moi bonito, Noa. Es tan cuqui... é precioso♥️♥️😍😍☺☺🤗🤗

    ResponderEliminar
  3. Hola, soy Sabela. Me gustó mucho los ejercicios.
    Eres una crack, poniendo a Simba con el ordenado y el ratón.

    ResponderEliminar
  4. Ola encantoume Simba, sobre todo a foto que está co ordenador!

    ResponderEliminar
  5. hola profe:
    gracias por enseñarnos a Simba
    un saludo
    MENCIA :-)

    ResponderEliminar
  6. Moitas grazas a todos e todas polos comentarios!
    Simba está moi contenta e movendo o rabiño ;)
    Mándavos un bo lametazo a modo de bico!

    ResponderEliminar

Bo verán

Boísimos días a todos e todas! Estás nervioso ou nerviosa?  As mestras moito. Hoxe o curso chega a súa fin, un curso que foi moi d...