BOS DÍAS DE LUNS!
Que tal foi a fin de semana rapaces e rapazas?
Este luns imos traballar coas materias de Lingua Castelá e Ciencias Naturais.
En Lingua Castelá reencontrarémonos coas familias de palabras e coñeceremos os campos semánticos.
En Ciencias Naturais retomaremos o tema 4 que estabamos traballando antes
de Semana Santa. Como sabemos que as vacacións a moitos e moitas fannos esquecer algunhas
cousas, hoxe faremos un repaso.
Para rematar a sesión de hoxe e dado que axiña será o Día do Libro, propoñémosvos un PROXECTO LECTOR. Que non sabes o que é iso? Pois pincha na imaxe e o descubrirás!
Despedímonos co xa habitual reto diario
DEICA MAÑÁ!
Hola!!! Boas, non entendo ben a pregunta de como fan os persoaxes para agocharse nas páxinas e logo saír. Os meus só salen cando leo.
ResponderEliminarOs experimentos fareinos outro día pq faltame a mel.
Ola Sabela,
EliminarComo é posible que os personaxes teñan vida mentres les e vivan aventuras e cando cerres o libro queden sen moverse?
Perfecto, xa nos enviarás que tal resultou o experimento cando o fagas.
Unha aperta
Alégrome Alex, experimentar é unha das mellores formas para aprender, especialmente se despois reflexionas o porqué e motivo do que aconteceu.
ResponderEliminarUnha aperta
Ola!
ResponderEliminarA min encántanme os experimentos e misturar cousas! e de lengua acordábame dos exercicios.
Unha aperta
Ola Xoel,
ResponderEliminaros experimentos son unha forma moi divertida de aprende, sobre todo se despois reflexionas acerca do que aconteceu nel.
Que ben que te acordaras dos exercicios de Lengua!
Unha aperta :)