martes, 28 de abril de 2020

Martes, 28 de abril


BOS DÍAS NENOS E NENAS!

CARITA TRISTE PARA ILUMINAR - Imagui



O martes xa está aquí: un novo día para seguir aprendendo e desfrutando! 







Na sesión de hoxe, traballaremos as materias de Lingua Castelá e Plástica, pero dun xeito diferente. O traballo nas dúas materias vai a estar moi relacionado e pensamos que vos vai gustar moito. Ademáis, temos preparada tamén unha nova actividade de Escritura. Imos aló!

Hoxe será necesario que fagades primeiro si ou si a tarefa de Plástica, pois sen ela non poderedes levar a cabo o traballo de Lingua Castelá. Así que clicka na imaxe para descubrir de que se trata!


Unha vez rematada a tarefa de Plástica, podemos poñernos con Lingua Castelá. O contido a traballar hoxe é a descrición de paisaxes... Comezas xa a sospeitar que será o que tes facer? Pois pincha na imaxe e corre a descubrilo!


Como xa vos dixemos antes, a actividade de Escritura de hoxe é diferente a todas as que levamos feitas...



Antes de dicirvos adeus por hoxe e deixarvos co reto diario, queremos recordarvos unha cousiña. Hai xa dúas semanas que vos propuxemos facer unha receita na casa e escribila. Moitos e moitas de vós xa nos fixéstedes babear lendo e vendo as fotos das vosas creacións, pero hai moitos nenos e nenas que non se animaron a cociñar. Con todas as receitas estamos creando un libro que quedará para sempre na biblioteca da escola e que compartiremos tamén no blog. A nós gustaríanos moito que este libro contase coa colaboración de todos os alumnos e alumnas de 3º, polo que dende aquí animamos a aqueles e aquelas que aínda non se atreveron, a entrar na cociña e manchar as mans. O xoves será o último día para poder enviarnos esta actividade. 


ATA MAÑÁ!

9 comentarios:

  1. Bo día
    Hoxe o que máis me gustou foi a historia de secuencias, fixen unha e vou facer outra pola tarde cunha historia diferente.
    Unha aperta

    ResponderEliminar
  2. Ola Xoel, que ben que che gustara a actividade de escritura!
    Traballar con secuencias é moi divertido, pois permítenos crear moitas historias diferentes.
    Que desfrutes desa segunda historia! :)

    ResponderEliminar
  3. MAURO: Hola, hoy lo que más me gustó fue lo de plástica. Saludos a tod@s

    ResponderEliminar
  4. Ola Mauro,

    alégranos saber que desfrutaches coa tarefa de Plástica. Moitas veces as actividades que asemellan moi simples, resultan ser as máis chulas.

    Unha aperta

    ResponderEliminar
  5. Ola son Catuxa, hoxe encantoume todo. Unha apertas 😊

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Catuxa

      que ben! Alégranos saber entón que tiveches unha boa mañá :)

      Unha aperta!

      Eliminar
  6. Hola
    Gustoume moito o da descripción do paisaxe.
    Adeus.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Álex,

      seguro que coa tarefa de Plástica caiches en cousas que se ven dende a túa ventá que nunca te decataras. Alegrámonos de que che gustase :)

      Unha aperta!

      Eliminar
  7. Ola Álex,

    teremos en conta a túa idea para elaborar algo coas vosas ventás!

    Unha aperta :)

    ResponderEliminar

Bo verán

Boísimos días a todos e todas! Estás nervioso ou nerviosa?  As mestras moito. Hoxe o curso chega a súa fin, un curso que foi moi d...