E xa estamos na metade da semana, como a levades?
Na sesión de hoxe imos traballar coas materias de Lingua Castelá e Ciencias Naturais.
En Lingua Castelá centrarémonos na descrición de obxectos. Clicka na imaxe para coñecer unha serie de pautas que che resultarán moi útiles.
Na materia de Ciencias Naturais, seguiremos traballando cos contidos da materia. Apetéceche? Pois pincha na imaxe!
Deixámosvos aquí o enlace ao experimento por partes que fixemos antes de Semana Santa, para aqueles que queiran repetilo ou que todavía non o fixeron. Tamén un enlace a un video para que vos queden todavía máis claros os cambios de estado da materia.

Para rematar, hoxe tócanos traballar un pouco a Lectura. Recordade ler varias veces o texto e comprendelo para poder repostar de forma adecuada.
Non podemos marchar sen deixarvos o reto do día
DEICA MAÑÁ!
Fixen a redacción do album de Ninjago de meu primo Martín, a quen boto moito de menos.
ResponderEliminarOla Alejandro,
Eliminarque bonito que te acordes de teu primo, seguro que el tamén te está a botar moito de menos!
É incrible o poder que pode ter un obxecto para facernos recordar a algo ou alguén verdade?
Unha aperta
Eu escollín a miña BMX porque estiven moito tempo aforrando para ela e fíxome moita ilusión cando me chegou, aínda que polo coronavirus non puiden sair a estrenala. Recórdame moito a Mauro porque lle encantan.
ResponderEliminarOla Xoel,
ResponderEliminarcando nos esforzamos moito por conseguir algo a recompensa é moi grande. Non te preocupes, porque seguro que cando todo isto remate, vas poder disfrutar da túa BMX moito máis do que imaxinabas.
E Mauro seguro que pode disfrutala contigo!
Unha aperta