Bos días rapaces e rapazas!
Que tal levades a semana? Nós moi contentas de ver que vos gustan as nosas propostas. Se queredes aportar algunha idea podedes enviárnola xunto coas tarefas e tentamos incorporalas.
O mércores é un estupendo día para traballar lingua galega, investigar en ciencias sociais e tamén practicar un pouco a lectura, non che parece? Pois imos alá
É moi importante a hora de falar e escribir ter un vocabulario amplio e non repetitivo, os sinónimos e antónimos axúdanche a isto.
Pincha na imaxe e verás que son conceptos moi sinxelos.
Efectivamente! Unha vez repasados e traballados, ampliarás o vocabulario cun pasapalabra. Tenta usar as palabras aprendidas.
É importante que visualices o vídeo que poñemos a continuación, pero só cando chegues a unha pregunta que che custe reponder, NON ANTES!
Despedimos o traballo de hoxe cunha breve lectura. Ó final da mesma hai un xogo que, se queres, podes facer para comprobar a comprensión lectora.
Sen máis, por hoxe xa é suficiente, deixámoste cun reto. Só entenderás se realizaches as tarefas anteriores. Ata mañá!
Bo día:
ResponderEliminarNon vai o enlace da lectura
Grazas
E de sociais só o vídeo non? Porque na imaxe se pincho non sae nada. Está ben así?
EliminarListo rapaces, solucionado.
EliminarA lectura non podo abrila.
ResponderEliminarProba de novo Brais, xa fixemos un cambio!
EliminarGracias
Ola! Gustoume moito a lectura porque comprendinna e eses equipos saben colgar limpo e non enfadarse ao perder. Saben xogar como hai que xogar!👍👍😉😄
ResponderEliminargustoume todo sobretodo o xogo da lectura
ResponderEliminarOla son Catuxa, no pasa palabras algunhas veces poñíame que a palabra estaba mal cando en realidad estaba Ben,eso significa que está averiado 🤔??? 🧐
ResponderEliminarUnha aperta!!! 🥰🥰🥰🥰🥰