Bos días nenos e nenas!
Hoxe é venres e temos un traballo moi especial para ti. Imos alá!
En primeiro lugar, imos traballar na área de lingua castelá unha mestura de exercicios e actividades para reflexionar sobre a ortografía. Para activar esa cabeza pensante debes resolver uns crucigramas. É importante que anotes todas as palabras nun papel.
PISTA: nun deles todas as palabras teñen v no outro todas b.
Resultouche doado ou difícil? Espero que te acordaras de anotar as palabras porque valas necesitar para as seguintes tarefas.
Para finalizar, deixámosche unha proposta de educación plástica. Podes por música instrumental de fondo, a que máis che guste, como faciamos na aula e desfrutar creando a túa obra.
Isto é todo por hoxe, queremos animarte a que esta fin de semana te metas na cociña e prepares comidas deliciosas e saborosas e nos envíes a foto e a receita. As mestras tamén nos Imos poñer mans á cociña! Faremos un receitario con todas, ANÍMATE!
Ola, os crucigramas parecéronme moi difíciles! Non entendín algunhas definicións
ResponderEliminarTodas as definicións foron copiadas do diccioanario da Real Academia Española, pero se aínda tes algunha dúbida pregúntame e explícamosche, non debemos quedarnos con dúbidas.
EliminarUnha aperta
Ola, son Sofía:
ResponderEliminarOs crucigramas parecéronme difíciles, pero Uff...coas pistas eran máis doados, jeje..Unha pregunta a quén enviamos a historia de hoxe para compartila cos compañeiros?. Ao teu e-mail, Mónica?. Gracias.
Ola Sofía,
Eliminarsi,nviamos todo ó meu correo e despois cando teñamos varias historias xa as intercambiamos nós. Agarda pola túa.
Unha aperta
Ola! A min saíronme moi ben os crucigramas. Levoume moito tempo facer as tarefas de Lengua. Boa fin de semana!
ResponderEliminarOla Álex, si desta vez había que reflexinar e escribir un pouquiño e lévannos máis tempo. Espero que a fin de semana che servise para descansar e recuperar forzas.
EliminarUnha forte aperta
Ola,Monica son Nicolás
ResponderEliminarOs crucigramas gustáronme moito e saíronme ben
Ola Nico,
Eliminarmoi ben vexo que continúas mantendo esa cabeciña áxil e pensante así me gusta, continúa entrenándoa.
Unha aperta
A mi me pareció un poco difíciles pero con tiempo los conseguí hacer. Buen fin de semana
ResponderEliminarOla Gloria,
Eliminarmoi ben, ó final consiste en persistir o tempo que necesitemos ata acadalo. Espero teñas unha boa semana.
Unha aperta
Ola a todos e todas!
ResponderEliminarSabiamos que seriades capaces de resolver os crucigramas, non hai tarefa que se vos resista!
Que desfrutedes da fin de semana ;)
Ola Alex,
ResponderEliminarmoi ben, ó final consiste en persistir ata que nos saía, sexa o que sexa. Alégrome que ademais te divertiras, sempre che gustaron os retos.
Unha aperta