martes, 31 de marzo de 2020

Martes, 31 de marzo

Bos días nenos e nenas!

O remate de marzo chegou e con el, as nosas ganas de saír da casa e desfrutar do bo tempo aumentan. Como xa sabemos, iso todavía non é posible. O que sí é posible, é levar a cabo tarefas na casa que nos divirtan e nos manteñan entretidos. Por iso, hoxe témosvos preparada unha sesión especial.

Comezaremos con Lingua Galega, onde traballaredes nos substativos, adxectivos e artigos.


En Ciencias Naturais, convertirémonos en científicos por un día e levaremos a cabo dous experimentos.
A que estás esperando para comezar?

 

No apartado de Lectura, propoñémosvos unha nova actividade, hoxe teredes vós o poder. Como é iso? Pois moi sinxelo. Primeiro debes pinchar na imaxe para acceder á historia que corresponda. 

Unha vez rematada a lectura, no canto de responder unhas preguntas de comprensión lectora, teredes que imaxinar que queredes comprobar se alguén comprendeu ou non comprendeu a historia. Deberedes pensar e facernos chegar, sete preguntas sobre a historia que axuden a identificar se se comprendeu ou non Ditas preguntas podedes deixalas plasmadas nos comentarios do blog, así os compañeiros e compañeiras poden tratar de resolvelas. 


Despedímonos ata mañá, deixándovos o reto diaria e dexesándovos un feliz martes, SEDE BOS!









luns, 30 de marzo de 2020

Lunes 30 de marzo



Ola rapazas e rapaces! Que tal a fin de semana?

Esperamos que aproveitarades para facer cousiñas interesantes.

https://www.dropbox.com/s/zbshfnbk83ghs7t/Carta%20alumnos%2030%20marzo.pdf?dl=0
  CORREO, CORREO, CORREO... hai unha carta para o alumnado de 3º do Ceip de Roxos. Absterse de mirar todos aqueles que non formedes parte deste equipo.
Como sempre pincha na imaxe e le o teu correo. Ó final do mesmo hai unha proposta moi interesante, animáste?


Despois de poñerse o día co teu correo debes poñerte mans a obra para crear outra composición na área de Educación artística. Como sabemos que che gustan os animais... vamos alá!!
https://www.dropbox.com/s/o8c9h6f1mm4t73z/sesi%C3%B3n%20pl%C3%A1stica%2030%20marzo.pdf?dl=0
Aproveitamos para animarte a que nos enviés a obra dos círculos de Sonia Delaunay, se xa a fixeches, porque vamos facer unha composición con todos aqueles que xa nos enviástedes estes días e envies ó longo desta semana.



Xa para rematar deixámosvos cuns exercicios  de lingua castelá sobre os substantivos e adxectivos para repasar un pouquiño e non esquezas o traballado na aula.
https://www.dropbox.com/s/zoccu3p325uw46s/LENGUA%2030%20MARZO.pdf?dl=0






Bo comezo de semana a todos e a todas,
preséntoche un novo reto, podes saír cousas moi chulas 
cabezas a funcionar...












venres, 27 de marzo de 2020

Venres, 27 de marzo

Bos días nenos e nenas, que tal estades? 
O TAN ANSIADO VENRES XA CHEGOU!


Para rematar esta semaniña, hoxe propoñémosvos traballar as materias de Lingua Galega e Ciencias Sociais.

En Lingua Galega, repasarás os diferentes signos de puntuación que levas estudiado ao longo deste 3º curso. 

Como xa saberás, pincha nas imaxes para comezar a traballar!


https://www.dropbox.com/s/qzm8bshvvfrzja9/Lingua%2027%20marzo.pdf?dl=0

Para seguir profundizando no tema 4 de Ciencias Sociais, elaboramos uns apuntes sobre os sectores de traballo. Unha vez lidos os apuntes, pinchade no pasapalabra. Para rematar a sesión, témosvos preparada unha pequena actividade a continuación do pasapalabra.




No apartado de Lectura, deixamos un enlace a un test de velocidade. É importante para mellorar a nosa lectura, ler cada día un ratiño. Esta páxina web recolle unha serie de lecturas, para facer en voz alta, nas que podes saber cantas palabras les por minuto e o tempo que che levou ler o texto enteiro. Practica e trata de mellorar a túa marca!




Despedímonos ata o Luns, deixándovos un novo pequeno reto. Anímate a facelo e a ensinárnolo, a ver que monstros tan chulos creades entre todos os membros da familia!



BOA FIN DE SEMANA!

xoves, 26 de marzo de 2020

Xoves, 26 de marzo

Bos días de xoves nenos e nenas! Como vai todo polos vosos fogares?

Hoxe en Artellando na escola, tócanos traballar Lingua Castelá e Ciencias Naturais, preparado/a?

En Lingua Castelá repasaremos as palabras derivadas e os sufixos e prefixos. En Ciencias Naturais traballaremos coa materia e as súas propiedades.
Para acceder as tarefas de cada materia pincha na imaxe.


  


Déixovos o vídeo de "La materia y sus propiedades" na seguinte imaxe, por si desde o PDF non podedes acceder a él.


Para rematar, pinchando na Lectura, atoparaste cun conto. Le varias veces a historia, prestando atención e comprendendo. Se atopas algunha palabra que descoñezas, podes consultala ou ben nun dicionario da casa ou senón visitando a Real Academia Galega pinchando no seguinte enlace (https://academia.gal/dicionario/rag).

Unha vez feita a lectura, podes comprobar se realmente comprendeches o texto, facendo as preguntas de comprensión lectora.

   
        
Estas tarefas non son obrigatorias nin avaliables, aínda así podedes enviarnos as tarefas de escritura e lectura se queredes que volas corrixamos.

Xa para despedirme, déixoche o pequeno reto de hoxe, unha competición en familia, ANIMÁDEVOS!



mércores, 25 de marzo de 2020

Mércores 25 de marzo



BOS DÍAS RAPACES E RAPAZAS!

 Preparados para a proposta de hoxe?  Nestas sesións vades ter a oportunidade de coñecer a alguén moi interesante, mais non queremos aditantarnos e xa o comprobaredes cando vos poñades man a obra.


https://www.dropbox.com/s/4jqqfdsb6kms4i1/Lingua%2025%20marzo.pdf?dl=0
Primeiro despertarás a túa curiosidade e lingua coa sesión de lingua galega

https://www.dropbox.com/s/w9yc1c0nugl2se5/c%C3%ADrculos%2024%20marzo.pdf?dl=0A continuación coñecerás a Sonia Delaunay coa proposta de Educación artística. Imaxe curiosa verdade? Anímote a clikar nela e aprender como elaborar a túa propia obra. Podes enviarme un correo para amosarme o resultado.



https://www.dropbox.com/s/hnhf8brvfbaibzd/Narraci%C3%B3n%20persoal%2025%20marzo.pdf?dl=0Finalmente escribirás unhas liñas para recordar algún momento agradable ou que che fixo sorrir. É importante nestes días manter unha actitude positiva e para logralo no día de hoxe podes levar a cabo esta iniciativa. Sigue os pasos que propoño pinchando na imaxe.



Esto é todo por hoxe....aínda que sempre podes animarte co reto de hoxe. Vamos alá. Dinos a través de comentarios se atopaches algún novo lugar.










martes, 24 de marzo de 2020

Martes 24 de marzo



Benvidos e benvidas o espazo para terceiro!


Que tal estades?

Esperamos  que tanto vós como as vosas familias estedes ben. 
Nos temos moita gana de vervos e voltar a traballar xuntos por iso creamos este blog.
Primeiramente, deixovos pinchando na imaxe, unhas recomendacións para organizar os vosos días e que sexan máis amenos.
 
https://www.dropbox.com/s/ulin6o0qq15arrt/RECOMENDACI%C3%93NS%20PARA%20TRABALLAR%20ESTES%20D%C3%8DAS.docx?dl=0


Seguidamente, traballaremos a área de lingua castelá e ciencias sociais. Por último, non olvidedes ler un anaquiño dalgún libro que sexa do voso interese, primeiro en voz alta e despois para vós.


https://www.dropbox.com/s/5ycde8l6r33rdjd/Ciencias%20sociais.pdf?dl=0
https://www.dropbox.com/s/zoccu3p325uw46s/LENGUA%2030%20MARZO.pdf?dl=0



Para rematar a proposta de hoxe animávosvos a realizar o seguinte reto. Veña é moi doado! Contádenos a través de comentarios se lográstedes facelo. Unha aperta moi forte!









luns, 23 de marzo de 2020

Benvidos ó noso recuncho





Queridos/as alumnos e alumnas, estimadas familias:

Somos Noa e Mónica, as titoras de terceiro. Creamos este blog para que poidamos estar un pouco máis en contacto ademais dos correos que vos deixamos ó  final da páxina e que estes días separados se fagan máis fáciles.

A situación que estamos a vivir é moi diferente ó que estamos acostumados e cada familia vivímola de forma distinta. Por iso a nosa intención é publicar diariamente unhas actividades que nos permitan repasar un pouco o que fixemos ó longo do curso, tamén propoñervos retos e actividades divertidas, así como, recursos que hai na rede e vos poidan servir para aprender e entretervos ó mesmo tempo.

Pequenos e pequenas xunto coa vosa familia decidide como organizarvos, horarios, rutinas, materiais cos que contades… trátase de crear un espazo de aprendizaxe, contacto e intercambio de experiencias e por encima de todo un espazo agradable para todos nós.
Ante calquera dúbida, proposta, suxerencia… tanto de pais e nais como vosa non dubidedes en contactarnos. Como ben sabedes camiñamos todos e todas na mesma dirección e cun obxectivo común.

Esta é unha situación nova para todos, á que nos temos que ir adaptando segundo vaia pasando o tempo.
Esperamos os vosos comentarios no blog e por suposto un correo as vosas mestras para contarnos que tal estades.


Podes pinchar na imaxe para enviarnos un correo.

noaterceirob@gmail.commonicaboullonvillar@gmail.com




Unha moi forte aperta!





Bo verán

Boísimos días a todos e todas! Estás nervioso ou nerviosa?  As mestras moito. Hoxe o curso chega a súa fin, un curso que foi moi d...