mércores, 25 de marzo de 2020

Mércores 25 de marzo



BOS DÍAS RAPACES E RAPAZAS!

 Preparados para a proposta de hoxe?  Nestas sesións vades ter a oportunidade de coñecer a alguén moi interesante, mais non queremos aditantarnos e xa o comprobaredes cando vos poñades man a obra.


https://www.dropbox.com/s/4jqqfdsb6kms4i1/Lingua%2025%20marzo.pdf?dl=0
Primeiro despertarás a túa curiosidade e lingua coa sesión de lingua galega

https://www.dropbox.com/s/w9yc1c0nugl2se5/c%C3%ADrculos%2024%20marzo.pdf?dl=0A continuación coñecerás a Sonia Delaunay coa proposta de Educación artística. Imaxe curiosa verdade? Anímote a clikar nela e aprender como elaborar a túa propia obra. Podes enviarme un correo para amosarme o resultado.



https://www.dropbox.com/s/hnhf8brvfbaibzd/Narraci%C3%B3n%20persoal%2025%20marzo.pdf?dl=0Finalmente escribirás unhas liñas para recordar algún momento agradable ou que che fixo sorrir. É importante nestes días manter unha actitude positiva e para logralo no día de hoxe podes levar a cabo esta iniciativa. Sigue os pasos que propoño pinchando na imaxe.



Esto é todo por hoxe....aínda que sempre podes animarte co reto de hoxe. Vamos alá. Dinos a través de comentarios se atopaches algún novo lugar.










6 comentarios:

  1. Bo día:
    Que divertidos os trabalinguas e as adiviñas estanme costando un pouco, seguirei pensando ao longo do día.
    Hoxe descubrín tres sitios para esconderme: un baúl, nos trasteiros e o que máis me gustou foi no canapé do cuarto.

    ResponderEliminar
  2. Bo día,
    non te preocupes continúa a darlle un pouco máis a cabeza e se che qedou algunha por resolver dínolo e decímosche a solución.
    Os sitios que descubriches son interesantes agora tes que probar a xogar ás agachadas e empregalos haber canto tardan en atoparte...

    ResponderEliminar
  3. Son Antía,
    Eu agacheime na bañeira do cuatro de baño, detrás dunhas colchonetas. Atopei ao meu pai nun armario do faiado. Levava ali tanto tempoue case afoga

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ay Antía... menos mal que o atopaches a tempo jaja
      Moi bos escondites, por certo!

      Eliminar
  4. Estupendos escondites, pero antes de meterte dentro da lavadora asegúrate de que non se vaia poñer a funcionar!

    ResponderEliminar
  5. Non creo que quepas nunha lavadora jajaja

    ResponderEliminar

Bo verán

Boísimos días a todos e todas! Estás nervioso ou nerviosa?  As mestras moito. Hoxe o curso chega a súa fin, un curso que foi moi d...