Bos días de xoves nenos e nenas! Como vai todo polos vosos fogares?
Hoxe en Artellando na escola, tócanos traballar Lingua Castelá e Ciencias Naturais, preparado/a?
En Lingua Castelá repasaremos as palabras derivadas e os sufixos e prefixos. En Ciencias Naturais traballaremos coa materia e as súas propiedades.
Para acceder as tarefas de cada materia pincha na imaxe.
Déixovos o vídeo de "La materia y sus propiedades" na seguinte imaxe, por si desde o PDF non podedes acceder a él.
Para rematar, pinchando na Lectura, atoparaste cun conto. Le varias veces a historia, prestando atención e comprendendo. Se atopas algunha palabra que descoñezas, podes consultala ou ben nun dicionario da casa ou senón visitando a Real Academia Galega pinchando no seguinte enlace (https://academia.gal/dicionario/rag).
Unha vez feita a lectura, podes comprobar se realmente comprendeches o texto, facendo as preguntas de comprensión lectora.
Estas tarefas non son obrigatorias nin avaliables, aínda así podedes enviarnos as tarefas de escritura e lectura se queredes que volas corrixamos.
Xa para despedirme, déixoche o pequeno reto de hoxe, unha competición en familia, ANIMÁDEVOS!
Ola, o que máis me gustou de hoxe foi o experimento de ciencas da natureza! ao final probei con moitos obxectos porque me pareceu moi divertido o de metelos na auga. O vídeo recordo que o vimos na clase.
ResponderEliminarPola tarde farei o campionato de avións cos meus irmáns!
E que a través dos experimentos podemos comprobar e aprender cousas dun xeito moi ilustrativo e práctico.
EliminarPrepara ben o teu avión, con dedicación e paciencia, para que sexa moi rápido.
Estupenda a reflexión que chegaches Alex! Toda a razón.
ResponderEliminarOla, son Sofía: Esta tarde estiven xogando e tirando avións dende a pista de xogos da miña casa ao ceo, pero algúns remataron no recinto das ovellas do meu veciño Jjaaa...Foi moi divertido!!!. Gracias
ResponderEliminarSofía haberá que preguntarlle ás ovellas que tal lles pareceu a actividade entón!
EliminarAlégranos moito saber que o reto foi para ti un momento de desfrute e diversión.
Ola estiven xogando cos meus irmáns e miñá nai aos avións de papel, eu decoreino con cohetes e puxen un cadrado co meu nome. Acabaron os avións por todo o xardín, encima do portal e nun balcón! Ao final gañei eu, aínda que meu irmán case me gaña!Grazas por esta actividade.
ResponderEliminarParece que o pasástedes moi ben. Alégranos ver que os nosos retos sérvenvos para pasar un bo rato e desfrutar en familia.
EliminarGrazas a ti Xoel, por compartilo con nós!