venres, 27 de marzo de 2020

Venres, 27 de marzo

Bos días nenos e nenas, que tal estades? 
O TAN ANSIADO VENRES XA CHEGOU!


Para rematar esta semaniña, hoxe propoñémosvos traballar as materias de Lingua Galega e Ciencias Sociais.

En Lingua Galega, repasarás os diferentes signos de puntuación que levas estudiado ao longo deste 3º curso. 

Como xa saberás, pincha nas imaxes para comezar a traballar!


https://www.dropbox.com/s/qzm8bshvvfrzja9/Lingua%2027%20marzo.pdf?dl=0

Para seguir profundizando no tema 4 de Ciencias Sociais, elaboramos uns apuntes sobre os sectores de traballo. Unha vez lidos os apuntes, pinchade no pasapalabra. Para rematar a sesión, témosvos preparada unha pequena actividade a continuación do pasapalabra.




No apartado de Lectura, deixamos un enlace a un test de velocidade. É importante para mellorar a nosa lectura, ler cada día un ratiño. Esta páxina web recolle unha serie de lecturas, para facer en voz alta, nas que podes saber cantas palabras les por minuto e o tempo que che levou ler o texto enteiro. Practica e trata de mellorar a túa marca!




Despedímonos ata o Luns, deixándovos un novo pequeno reto. Anímate a facelo e a ensinárnolo, a ver que monstros tan chulos creades entre todos os membros da familia!



BOA FIN DE SEMANA!

15 comentarios:

  1. A nós pasounos o mesmo pero agora xa vai

    ResponderEliminar
  2. Como mola o pasapalabra!Paseino xenial.Grazas!Aarón

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Xenial Aarón, o obxectivo era que vos divertírades :)
      Boa finde!

      Eliminar
  3. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar
  4. ola a todos !!
    O xogo de pasapalabra é moi divertido
    :-)

    ResponderEliminar
  5. Encantoume o pasapalabras, non fallei ningunha. Pero a primeira vez acabouse o tempo, non son moi boa tecleando. Boa finde a todos!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Pouco a pouco irás collendo axilidade seguro Antía!
      Que teñas boa fin de semana!

      Eliminar
  6. Ola!!!! O Pasapalabras foi moi divertido. Grazas por este xogo tan divertido.
    Grazas por preocuparos por nos para que traballemos as materias
    Son Sabela Noya

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Sabela, alégranos moito saber que estás ben e que xa contamos contigo no blog.
      Unha aperta e boa finde!

      Eliminar
  7. Estupendo Álex!
    Agora a desfrutar da fin de semana!

    ResponderEliminar
  8. A min pareceume todo moi divertido. Brais Quintáns.

    ResponderEliminar

Bo verán

Boísimos días a todos e todas! Estás nervioso ou nerviosa?  As mestras moito. Hoxe o curso chega a súa fin, un curso que foi moi d...