venres, 19 de xuño de 2020

Bo verán






Boísimos días a todos e todas!

Estás nervioso ou nerviosa?  As mestras moito. Hoxe o curso chega a súa fin, un curso que foi moi diferente ao que estamos acostumados pero, sabes que? estamos moi orgullosas de todos e todas vós. Demostráchesdes que sodes, aínda máis increíbles do que pensabamos, superando esta situación xuntos e xuntas.

Temos unha sensación agridoce, por unha parte estamos moi contentas de coñecervos e compatir con vós experiencias, aprendizaxes, momentos que gardaremos nos nosos recordos para sempre, pero por outra parte quedamos con gañas de exprimir máis este curso e de desfrutar e estar con vós no día a día.  

Mais o que si vamos facer e exprimir e aproveitar ó máximo o que nos queda, antes de dar comezo


ÁS VACACIÓNS DE VERÁN!🌞


Primeiramente e máis importante recorda que hoxe temos unha Xuntanza, haberá sorpresiñas polo que non podes faltar. Temos moitas ganas de verte.





A sesión de hoxe consistirá nun Taller de papiroflexia, dado que así podes aproveitar o que fagas hoxe durante o comezo das vacacións.

Deixámosvos uns vídeos de como facer 3 avións de papel diferente. Debes seguir os pasos e crear os tres, ou cando menos 2.

 
 


2º 











Unha vez creados os teus avións, pincha na seguinte imaxe e vamos a estudar a súa eficiencia.



https://www.dropbox.com/s/l8fzaynwr4dms4z/pdf%20AVIONS.pdf?dl=0



Como non podía ser doutra forma, despedímonos cun de vos. Nesta ocasión escoitando uns fermosos versos.









Agora sí... comezan as vacacións, desfrutade e divertídevos moito!

👋

BO VERÁN!

xoves, 18 de xuño de 2020

Xoves, 18 de xuño



BOS DÍAS DE XOVES!

Xa non queda nada para rematar o curso, estades nerviosos/as? Nós si, danos moita pena rematar así, sen poder despedirnos como realmente nos gustaría facelo. Por iso hoxe, ides a facer unha pequena tarefa por nós.

Comezaremos cun Scape Room de Toy Story. Os xoguetes protagonistas están en perigo e debedes facer todo o posible por rescatalos. Para iso, debedes pasar unha serie de misións repasando contidos traballados ao longo do curso. Poñede as cabezas a funcionar e adiante!



Ao igual que nós evaluamos o voso traballo, tamén vós debedes evaluar o noso. Se pinchades na imaxe, levaramos a un cuestionario que deberedes cubrir e enviar a vosa mestra. Sede sinceros, pois isto sírvenos para mellorar como mestras. Aínda que se vos pregunta por unha asignatura, respondede en xeral por todas.




Hoxe deixámosvos cunha manualidade moi fácil e divertida. Pinchade primeiro para coñecer o material que ides precisar e os pasos a seguir e, despois, abride o video que vos servirá de guía.


How to make a whirlygig | Manualidades, Artesanías de niños, Niños ...




Despedímonos co debuxo das diferenzas creado por Clara. Non vos esquezades de que mañá tedes unha cita coas vosas mestras!


ATA MAÑÁ!

mércores, 17 de xuño de 2020

Mércores, 17 de xuño


BOS DÍAS NENOS E NENAS!

E chegamos á metade da semana, que vos están parecendo as propostas destes días?

Comezaremos cunha serie de adiviñas sobre os medios de comunicacións e os medios de transporte. Seredes quen de resolvelas todas?

Download Signo de Interrogación Simple Negro transparent PNG ...

Para seguir, deixámosvos unha páxina web onde poderedes atopar diferentes xogos para crear con materiais reciclados. Ás veces, esquecemos que con obxectos ou materiais sinxelos podemos pasalo moi ben, non sempre é necesario acudir a unha tenda a comprar xoguetes. Así que, botádelle un ollo ás diferentes propostas, elixide un e mans á obra!


Antes de rematar, deixarvos un reto creado pola vosa compañeira Mencía. Trátase dun crucigrama cos nomes de compañeiros e compañeiros de 3ºB. A ver se sodes capaces de resolvelo!


Despedímonos, agora sí, cun debuxo das diferenzas. O seu autor é Xoel.


ATA MAÑÁ!

martes, 16 de xuño de 2020

Martes, 16 de xuño






Bos días rapaces e rapazas!

Vamos exprimir e aproveitar o día de hoxe ó máximo. Para iso, vamos empezar o día xogando e activando esa mente e imaxinación. Parécevos boa idea? Pois vamos alá.



 Comezamos cun scape room no que deberedes recordar contidos matemáticos e tamén lingüísticos  traballados durante todo o curso. Xa nos contarás que tal che foi e se conseguiches liberar a Harry, Ron e Hermione. Sorte!

 




Agora repasamos e afianzamos contidos que é moi importante saibas e non esquezas porque forman parte da túa contorna, cultura e lingua.





https://quizizz.com/join/quiz/5ee789c7cb3048001baa2532/start?studentShare=true






Finalmente despedímonos cun novo reto, grazas Gloria pola túa colaboración.

Atopas o punto amarelo?

 





luns, 15 de xuño de 2020

Luns, 15 de xuño


BOS DÍAS!

Hoxe comezamos a última semana do curso e como non queremos que esteades tristes, témosvos preparada unha semana moi especial, chea de diferentes actividades e xogos. Estades nerviosos por ver de que se trata? Pois comezamos XA!

Primeiro temos un pasapalabra resumo de todo o curso. Seredes quen de respostar o rosco completo? Pincha na imaxe para intentalo!


Continuamos cunha manualidade que estamos seguras vos vai encantar. Estivéstedes practicando moito ao longo do curso, así que de seguro sodes quen de facela sen problema. Tedes moitas plantillas, elixe as que máis che gusten e ponte a debuxar! Que non sabes de que estamos a falar? Pois corre a descubrilo! 


Gustouche a sesión de hoxe? Pois despedímonos cun novo debuxo das diferenzas feito por Mauro.



DEICA MAÑÁ!

domingo, 14 de xuño de 2020

Ola queridos alumnos e alumnas. que pouco falta para as vacacións!
En setembro verémonos en 4º no colexio, se Deus quere.

LINGUA

VIDEO INFANTIL -jugando con los niños en la playa -vacaciones para ...


VACACIÓNS

Se vos fixades na imaxe e por un momento
mirades de reollo a cara do compañeiro,
observaredes que os seus ollos brillan
imaxinando o descanso que lle espera.
Pero...quietos parados! Antes de pensar en
vacacións imos recordar o noso paso por 3º 
curso, antes da despedida final.
Comecemos: fixemos todos un gran esforzo
para saír adiante e superar algunha dificultade
que atopamos no percorrido. Pode ser un enfado
cun compañeiro, unha ficha que era dificil, algún

tema que non era tan divertido e outras cousas
que podedes imaxinar cada un. Tamén pasamos
por momentos moi divertidos: os recreos, as
saídas, as visitas dos nosos pais explicándonos o
seu oficio, os agasallos de Cascarilla, os
preciosos traballos feitos en plástica e o creativos
que fomos facendo o proxecto da Prehistoria e
outros. Cantos recordos e cantas vivencias
diferentes en tan pouco tempo!
Aprendemos a respectarnos uns a outros e
aguantar ás veces algún codazo ou a profe
repetindo varias veces:-”Shiiii, a ver quen fala!”
e sobretodo aprendemos a compartir, divertirnos
e ser amigos.
As profes Encarna e Anlle recordaranvos con
moito cariño. Deséxanvos un moi feliz verán e
que un chisquiño do voso tempo o adiquedes a
repasar, para entrar con moi bo pé no seguinte
nivel. Un mundo de aventuras espéranvos no
vindeiro curso, onde un novo pupitre está a
esperar por vós.

Felices vacacións!


LECTURA COMPRENSIVA:

1- Que observaredes se mirades de reollo a un compañeiro?
___________________________________________________________________________________________________________


2 – Que imos recordar antes de pensar en vacacións?
___________________________________________________________________________________________________________

3–Escribe algunha dificultade atopada no percorrido polo curso?
____________________________________________________________________________________________________________

4 –Escribe algún momento divertido?
___________________________________________________________________________________________________________

5- Que dicía algunha vez a profe?
__________________________________________________________________________________________________________

6 – Que nos desexan as profes Encarna e Anlle ?
__________________________________________________________________________________________________________
_
7- Que nos espera no vindeiro curso?
___________________________________________________________________________________________________________

8 - Debuxa ou escribe un momento divertido da túa clase .
___________________________________________________________________________________________________________

__________________________________________________________________________________________________________


ORTOGRAFÍA








Dibujos animados de niña de la escuela caminando | Vector Premium
Cecilia
ca, que, qui, co, cu               za, ce, ci, zo, zu
  
                                                 

Niño feliz de dibujos animados sosteniendo un libro | Vector Premium
Quique
                                                            

                      





      Siempre que escuches ca, que, qui, co, cu se escriben así, es decir, sólo se pueden escribir así.

    Siempre que escuches za, ce, ci, zo, zu se escriben así, es decir, sólo se pueden escribir así.
 (La z con la e y con la i se peleó hace mucho y nunca va delante)


1- Lee las siguientes palabras y después subraya las sílabas anteriores con los colores que correspondan.

Zaguán, cerilla, cara, cortina, zumo, ciego, zanja, cuerda, cajero, cerro,

 zarpa, zueco, quería, quiosco, mezquita, calor, acierto, cazo, tanque,

 casco, zócalo, cojín, quitar, banquete, exposición, orquesta, café, 

zancos, azafata, azotar, cientos, zoológico, col, calzado, croqueta, 

acariciar, Ceci, Quique, cola, ...


2 - Completa las siguientes palabras con   ca,que,qui,co,cu   o con 

za,ce,ci,zo,zu.

azú__ar         man__ana        __orro          __e__ilia    __omprar 

  __ierro          __onejo          __erámi__a      __in__e      __uatro

mar__o          __elebrar         a__tos          es__ribir       __ari__ia

__iero           Pa__o              __opo             __e__i           __i__e

__apatillas      __al__etines      ban__ero      __as__ara    al__iler

al__itrán         bar__o             par__e            atra__o        __eleste

ca__ador      adivinan__a        __an__ión        __eja         al__ar

__ebolla      cabe__a              cal__ado           bo__ina      bo__a

__ímica       pun__ón            __ara__ol         __o__ina     __iervo

destruc__ión    velo__idad     apar__ar         bún__er        e__ipo

__iero        rela__ión        e__ipaje       reto__e      evolu__ión





ATENCIÓN Y LÓGICA

El juego de los discos: La Torre de Hanoi

La torre de Hanoi es un juego matemático que consiste un conjunto de anillas o discos (hasta 8) que se apilan en forma decreciente en uno de los tres palos del tablero. El objetivo es trasladar esas anillas a otro de los palos del tablero, ciñéndose a unas reglas. Las reglas son:
  • Colocar las anillas en forma decreciente
  • Trasladar las anillas de una en una.
  • Las anillas no se pueden dejar encima de la mesa, ni tenerlas en la mano. Si aún no podemos colocar esa anilla la dejaremos en uno de los palos hasta que podamos utilizarla.
Rompecabezas de madera apilamiento torre de Hanói chico juguetes ...

Pon a prueba tu inteligencia con el juego de la Torre de Hanoi. El juego de la torre de Hanoi consiste en ir cambiando los discos de la torre 1 a la torre 3 con la condición de que no se puede mover más de un disco a la vez, y que no puede colocarse un disco grande sobre uno pequeño.

Puedes acceder al  desde este enlace, en este que os enlazo podéis seleccionar el número de discos para iniciarse en el juego puede ser interesante empezar con pocos.

HTTP://WWW.UTERRA.COM/JUEGOS/TORRE_HANOI.PHP

Diviértete practicando!





venres, 12 de xuño de 2020

Venres, 12 de xuño





Bos días!

Chegamos ó final da semana, que rápido pasan, verdade? Hoxe temos que facer varias tarefas, entre elas, recorda que hoxe tes unha xuntanza cos teus compañeiros/as. Pero mentras non da comezo vamos avanzando un pouco nas actividades propostas.


Traballaremos a área de lingua galega, ciencias naturais e acabaremos finalmente cunha actividade de escritura.



Comeza  lendo o xornal, cando remates selecciona a noticia que máis che gustou, explica o motivo e fai un pequeno resumo da mesma. Pasa todas as follas non te esquezas.



Todas as noticias están escritas por ti e polos teus compañeiros/as. Esperamos que as desfrutedes.


O mércores pedímosvos que deixarades un ovo dentro dun tarro de cristal con vinagre. Fixéstedelo? Este é un dos pasos do primeiro experimento de hoxe, pincha para saber máis.

https://www.dropbox.com/s/s0k85jj5s7rcaek/Naturais%2012%20de%20xu%C3%B1o.pdf?dl=0


Para rematar realizarás un exercicio de escritura un pouco peculiar partindo do vídeo que poñemos a continuación. Sabes quen é a compañeira que lee?







https://www.dropbox.com/s/w5dn493f0bqc3f5/escoitando%20poes%C3%ADa.pdf?dl=0




 








QUEN É A PERSOA QUE RECITA A POESÍA: TEN TRENZAS O MAR?
Ademáis seu autor Antonio García Teijeiro


ATA LUNS

xoves, 11 de xuño de 2020

Xoves, 11 de xuño


OLA XOVES!

Que tal estades a levar a semana? Nós esperamos e desexamos que ben, pois como xa sabedes queda moi pouquiño. Mandámosvos moitas forzas para seguir traballando esta semana e para desfrutar moito das entradas da semana que ven. Comecemos!

Na sesión de hoxe traballaremos as materias de Lingua Castelá, Plástica e faremos unha tarefa de Escritura.

En Lingua Castelá coñeceremos e traballaremos coas abreviaturas, sabedes o que son? Pinchade na imaxe para descubrilo!


En Plástica aprenderemos a crear dentes de león dunha forma moi sinxela.




Na tarefa de hoxe de Escritura, traballemos cunha secuencia lóxica de forma diferente ás anteriores ocasións.


Despedímonos co debuxo das diferenzas de Sabela.


DEICA MAÑÁ!

mércores, 10 de xuño de 2020

mércores, 10 de xuño




Bos días de mércores!
Chegamos ó punto intermedio da semana, ánimo coas tarefas de hoxe. 
Agora queda moi pouquiño xa que para a semana as propostas do blog serán un pouco diferentes. Polo tanto como sabedes, cando estamos chegando a meta debemos facer o spring final, estás disposto/a?




Na sesión de lingua galega, toca reflexionar, recordar e analizar. Se podes comparte a túa opinión coa mestra. Non te olvides de argumentar as respostas.


Na sesión de naturais de hoxe, ti serás o que elixas que facer. 

https://www.dropbox.com/s/99bn60ejntk0tfn/Naturais%2010%20de%20xu%C3%B1o.pdf?dl=0

https://www.dropbox.com/s/2mk2avybco3ubd7/Plantilla%20Experimento.pdf?dl=0










Finalmente deixámoche cunha nova secuencia de  lóxica e razomento:

https://www.dropbox.com/h?preview=Contamos+Dinosaurios+(8).pnghttps://www.dropbox.com/h?preview=quien+es+quien.PNG



https://www.dropbox.com/s/wynqx52xm2t893q/cual%20es.PNG?dl=0
https://www.dropbox.com/s/zw7mdjs7120ue3i/Soluciones.pdf?dl=0















Para rematar deixámosvos cun reto diferente, elaborado polo voso compañeiro Yago.


martes, 9 de xuño de 2020

Martes, 9 de xuño


BOS DÍAS!

Sabiades que este é o penúltimo martes do curso? Parece incrible!

Na sesión de hoxe traballaremos as materias de Lingua Castelá e Plástica. Remataremos cunha tarefa de Lectura.

En Lingua Castelá, coñeceremos unha nova forma de contar unha historia e terédela que levar á práctica. Corre a descubrir de que se trata!


En Plástica, volvemos agradecer novamente ó persoal sanitario ou a aquela profesión que consideredes importante, durante a situación vivida, toda a súa labor a través desta proposta. 

https://www.dropbox.com/s/gp1fnnfszsc9ynr/mascara%209%20xu%C3%B1o.pdf?dl=0


Hoxe traémosvos unha Lectura en galego cunha anécdota que lle ocorreu a unha bibliotecaria. Serás quen de responder a tódalas cuestións?


Despedímonos co debuxo das diferenzas de Alejandro Grela. Recordade comentar aquelas que atopedes!



ATA MAÑÁ!

luns, 8 de xuño de 2020

Luns, 6 de xuño







Bos días de luns rapazas e rapaces!

Que tal a fin de semana? Esperamos poideras aproveitar o tempo para facer aquilo que che gusta. 

Dado que algúns de vós, non puidéstedes facer o xogo do medio ambiente o venres, volvémolo a deixar hoxe. Se xa o fixeches, podes repetilo para practicar ou non, como ti prefiras. 

Xa queda moi pouquiño tempo de curso, polo tanto imos alá con enerxía, a facer as actividades propostas para hoxe.


En primeiro lugar, traballaremos na sesión de lingua galega sobre unha historia titulada Fin da viaxe. A que che recorda este título?


https://www.dropbox.com/s/0sdldoajorsmlzl/lectura%20fin%20da%20viaxe.pdf?dl=0



A continuación, faremos un repaso moi faciliño sobre os contidos traballados en Ciencias Naturais nos últimos meses, pensades que o faredes sen problema? Imos probar!



Para rematar, faremos unha reflexión sobre a situación vivida pero dun xeito moi sinxelo, anímate a compartilo con nós, para coñecer un pouco máis do que pensas sobre esta situación.


https://www.dropbox.com/s/5y6aeen49bszh3v/corentena.pdf?dl=0


Como xa dixemos, deixamos novamente o enlace do xogo sobre o medio ambiente. 

https://quizizz.com/join/quiz/5c9152355db955001c39a41d/start



Para despedirnos, déixoche cun reto diferente.

 Trata de adiviñar quen recita o poema do seguinte vídeo.
PISTA: É unha compañeira.
 


venres, 5 de xuño de 2020

Venres, 5 de xuño


POR FIN VENRES!

Outra semana máis que pechamos e que ben o pasamos, non credes?

Na sesión de hoxe traballaremos contidos de Lingua Castelá, de novo tocaremos a temática do Día Mundial do Medio Ambiente e remataremos, un venres máis, con exercicios de lóxica e razoamento.

En Lingua Castelá, traballaremos cun contido xa coñecido en Lingua Galega, estamos seguras de que o faredes moi ben.



Hoxe, 5 de xuño, commemórase o día mundial do medio ambiente. Por iso vamos a poñer a proba os teus coñecementos cun xogo. Antes podes repasar os contidos máis importantes a través duns apuntes moi especiais, xa que están elaborados pola vosa compañeira Sofía. Moitas gracias Sofía.

https://www.dropbox.com/s/0hpgnmfhqltahu6/QUE%20%C3%89%20O%20MEDIO%20AMBIENTE.pptm?dl=0


Agora a xogar, déixanos en comentarios que nivel acadáches, vanche proporcionando estrelas de cores segundo o número de respostas correctas. Vamos alá!


https://quizizz.com/join/pre-game/running/U2FsdGVkX18xW3JWbknb0AFUHlb0ReSK79AEwNq0hBtJe1ouC38fN8aCScM5UBbk9ryfWnGAs%252FUtUrfnioU7znAkcMVIdOd%252FMkRWHlrDqgs%253D/start






Deixámosvos un vídeo cos vosos carteis.
 





Para rematar, xogaremos coa Lóxica e o Razoamento a través de tres novos enigmas. Recordade seguir a orde, para ir do máis sinxelo ao máis complexo e non pinchar na solución ata ter probado todos. Moita sorte!


 


 


Despedímonos ata o luns cun novo debuxo de diferenzas, feito por Alejandro Rial.



MOI BOA FIN DE SEMANA!

Bo verán

Boísimos días a todos e todas! Estás nervioso ou nerviosa?  As mestras moito. Hoxe o curso chega a súa fin, un curso que foi moi d...