POR FIN VENRES!
Outra semana
máis que pechamos e que ben o pasamos, non credes?
Na sesión de
hoxe traballaremos contidos de Lingua Castelá, de novo tocaremos a
temática do Día Mundial do Medio Ambiente e remataremos, un venres máis,
con exercicios de lóxica e razoamento.
En Lingua
Castelá, traballaremos cun contido xa coñecido en Lingua Galega, estamos
seguras de que o faredes moi ben.
Hoxe, 5 de xuño, commemórase o día mundial do medio ambiente. Por iso vamos a poñer a proba os teus coñecementos cun xogo. Antes podes repasar os contidos máis importantes a través duns apuntes moi especiais, xa que están elaborados pola vosa compañeira Sofía. Moitas gracias Sofía.
Agora a xogar, déixanos en comentarios que nivel acadáches, vanche proporcionando estrelas de cores segundo o número de respostas correctas. Vamos alá!
Deixámosvos un vídeo cos vosos carteis.
Agora a xogar, déixanos en comentarios que nivel acadáches, vanche proporcionando estrelas de cores segundo o número de respostas correctas. Vamos alá!
Deixámosvos un vídeo cos vosos carteis.
Para rematar, xogaremos coa Lóxica e o Razoamento a través de tres novos enigmas. Recordade seguir a orde, para ir do máis sinxelo ao máis complexo e non pinchar na solución
ata ter probado todos. Moita sorte!
Despedímonos ata o luns cun novo debuxo de diferenzas, feito por Alejandro Rial.
MOI BOA FIN DE
SEMANA!
Hola son Noa de 3ºA.
ResponderEliminarAs diferenzas son:
-A árbore
-A boca do coello
-O pico do pato
-O ollo do pato
-E a cola do pato
Diferencias: el conejo, el pato, el árbol el ojo del pato, y la cola del patito
ResponderEliminarMuchos besos, Nooa Vieites.
Chau!! 🙋🏻♀️🙋🏻♀️🙋🏻♀️
Hai que decidir o mellor cartel, porque se é así o mellor para o meu gusto é o de Alex Rial, jajajaj 😷😂😂😂🤣🤣
ResponderEliminarOla, non desta ocasión é para que virades os traballos e para darnos ideas do que debemos facer.
EliminarAínda que Alex fixo dunha forma moi divertida, tes razón.
Un bico
Hola son Noa de 3ºA.
ResponderEliminarCando entro no quiz,dime que xa acabou o xogo.
a nos tamén pasanos o mesmo
EliminarSofía, eres do mellor. ☺☺🙂
ResponderEliminarAlégramonos de que vos alegredes dos traballos dos compañeiros e compañeiras. Así debe ser sempre.
EliminarGracias
Que código hai que poñer no Quizz?
ResponderEliminarSofía encantoume o teu traballo! Moitos parabéns!
ResponderEliminarParabéns a ti tamén Xoel, por mostrar esa alegría e felicitación ao traballo ddunha compañeira. É un xesto moi bonito da túa parte.
EliminarUn bico
Non podo entrar no Quizz pídeme o código
ResponderEliminarE que non encontro ningún código.
ResponderEliminarNoa 3ºA
o arbol,a cara do coello,otamaño do pato,pico e bigotes.
ResponderEliminarBo finde de semana a todos
Hola,
ResponderEliminarlas diferencias son: el árbol, los bigotes del conejo, la boca del conejo, el pico del pato y el ojo del pato. Alex dibujas muy bien
Adiós a todos.
Ola Son Sarela. Eu tampouco puiden entrar onte no Quizz :-(
ResponderEliminarGustáronme moito os retos, o xogo de diferenzas de Alex e o traballo de Sofía.
Bicos!!
Ola Sarela!
EliminarAgora vou escribir un comentario para todos/as, a min si me deixa entrar, pero arreglarémolo para que mañan poidades xogar.
Alégrrome que te che gustara o traballo proposto para hoxe.
Un bico
Ola Alex, o certo é que si está moi traballado.
ResponderEliminarPor iso o puxemos para que todos poideramos aprender del.
Gracias polo teu comentario a Sofía e por valorar o seu traballo.
Unha aperta
Bos días,
ResponderEliminarós que tivéstedes problemas co xogo, non vos preocupedes, volveremos a poñelo mañan no blog, a nós si que nos deixa entrar, pero o importante é que a vós tamén.
Ata mañá.