luns, 8 de xuño de 2020

Luns, 6 de xuño







Bos días de luns rapazas e rapaces!

Que tal a fin de semana? Esperamos poideras aproveitar o tempo para facer aquilo que che gusta. 

Dado que algúns de vós, non puidéstedes facer o xogo do medio ambiente o venres, volvémolo a deixar hoxe. Se xa o fixeches, podes repetilo para practicar ou non, como ti prefiras. 

Xa queda moi pouquiño tempo de curso, polo tanto imos alá con enerxía, a facer as actividades propostas para hoxe.


En primeiro lugar, traballaremos na sesión de lingua galega sobre unha historia titulada Fin da viaxe. A que che recorda este título?


https://www.dropbox.com/s/0sdldoajorsmlzl/lectura%20fin%20da%20viaxe.pdf?dl=0



A continuación, faremos un repaso moi faciliño sobre os contidos traballados en Ciencias Naturais nos últimos meses, pensades que o faredes sen problema? Imos probar!



Para rematar, faremos unha reflexión sobre a situación vivida pero dun xeito moi sinxelo, anímate a compartilo con nós, para coñecer un pouco máis do que pensas sobre esta situación.


https://www.dropbox.com/s/5y6aeen49bszh3v/corentena.pdf?dl=0


Como xa dixemos, deixamos novamente o enlace do xogo sobre o medio ambiente. 

https://quizizz.com/join/quiz/5c9152355db955001c39a41d/start



Para despedirnos, déixoche cun reto diferente.

 Trata de adiviñar quen recita o poema do seguinte vídeo.
PISTA: É unha compañeira.
 


6 comentarios:

  1. Ola, é Sarela.

    Sofía 🦝🐭🐹💛

    ResponderEliminar
  2. Hola, é Sarela, jaja. Estou coa tablet do meu avo, que está en Lugo, por fin estou con eles!
    Moitos bicos, Noa Vieites Marey. Ata logo!!

    ResponderEliminar
  3. Que ben, todos acertástedes!
    É Sarela, aínda que cando recitou o poema era moi pequeniña o certo é que ten unha voz similar a agora.

    ResponderEliminar

Bo verán

Boísimos días a todos e todas! Estás nervioso ou nerviosa?  As mestras moito. Hoxe o curso chega a súa fin, un curso que foi moi d...