xoves, 18 de xuño de 2020

Xoves, 18 de xuño



BOS DÍAS DE XOVES!

Xa non queda nada para rematar o curso, estades nerviosos/as? Nós si, danos moita pena rematar así, sen poder despedirnos como realmente nos gustaría facelo. Por iso hoxe, ides a facer unha pequena tarefa por nós.

Comezaremos cun Scape Room de Toy Story. Os xoguetes protagonistas están en perigo e debedes facer todo o posible por rescatalos. Para iso, debedes pasar unha serie de misións repasando contidos traballados ao longo do curso. Poñede as cabezas a funcionar e adiante!



Ao igual que nós evaluamos o voso traballo, tamén vós debedes evaluar o noso. Se pinchades na imaxe, levaramos a un cuestionario que deberedes cubrir e enviar a vosa mestra. Sede sinceros, pois isto sírvenos para mellorar como mestras. Aínda que se vos pregunta por unha asignatura, respondede en xeral por todas.




Hoxe deixámosvos cunha manualidade moi fácil e divertida. Pinchade primeiro para coñecer o material que ides precisar e os pasos a seguir e, despois, abride o video que vos servirá de guía.


How to make a whirlygig | Manualidades, Artesanías de niños, Niños ...




Despedímonos co debuxo das diferenzas creado por Clara. Non vos esquezades de que mañá tedes unha cita coas vosas mestras!


ATA MAÑÁ!

3 comentarios:

  1. Hola las diferencias son:los mofletes, la corbata,las pestañas, la lengua y el chicho.

    ResponderEliminar
  2. Hola las diferencias son:La lengua, el chicho, las pestañas, los mofletes, la corbata y los ojos que uno los tiene más grandes que el otro.
    Adiós.

    ResponderEliminar
  3. Hola a todos yo conseguí pasar el ESCAPE ROOM.
    Fue muy divertido.
    Un abrazo
    Brais

    ResponderEliminar

Bo verán

Boísimos días a todos e todas! Estás nervioso ou nerviosa?  As mestras moito. Hoxe o curso chega a súa fin, un curso que foi moi d...