martes, 12 de maio de 2020

Martes, 12 de maio


BOS DÍAS RAPACES E RAPAZAS!

Esperamos que a sesión de onte vos gustase e que a desfrutarades. 
Probamos a ver que tal a de hoxe?

Este martes traballaremos coas materias de Lingua Castelá e Ciencias Sociais. Ademais, adicaremos un día máis a traballar a escritura cunha nova proposta diferente ás anteriores. Comezamos?

En Lingua Castelá, coñeceremos un novo tipo de palabras que se fan chamar polisémicas, coñécelas?


En Ciencias Sociais seguiremos traballando co tempo, concretamente co calendario.



Para rematar, Gianni Rodari proponnos unha técnica para traballar a Escritura creativa. Queres saber de que se trata? Pois non esperes máis e pincha na imaxe!



Non podíamos marchar sen darvos a coñecer o novo reto diario e, ademais, resolver o enigma que vos deixamos o venres. Como moi ben dixo Brais, este enigma ten como solución un pequeno xogo de palabras: o pato será maior que o neno xa que terá un ano e pico.



Recordarvos que tendes ata o venres para participar no concurso de Plástica!

DEICA MAÑÁ!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Bo verán

Boísimos días a todos e todas! Estás nervioso ou nerviosa?  As mestras moito. Hoxe o curso chega a súa fin, un curso que foi moi d...