luns, 11 de maio de 2020

Luns 11 de maio









Bo comezo de semana a todos e todas!

Agardamos que tiveras unha boa fin de semana, aproveitaras para recargar enerxía e imos alá.
Antes de comezar co traballo planificado para hoxe queremos recordarche que na páxina web do colexio o mestre de Educación física, Borja, está compartindo con vos vídeos para que sigades manténdovos en forma. Compartimos con vós o enlace:


Esta semana estará chea de sorpresas, dado que como sabedes aproxímase o día das letras galegas e por iso queremos sexa unha semana especial. 

En primeiro lugar, traballarás en lingua galega cos poemas. A maioría de vós gustouvos moito traballar coa poesía, polo tanto, hoxe volveremos a traballar sobre ela.






https://www.dropbox.com/s/tbedv427gpkr0g4/pl%C3%A1stica%20luns.pdf?dl=0A continuación na sesión de educación artística realizaremos un CONCURSO, si escoitaches ben un concurso. Terás ata o venres para participar. Debes mandarnos a túa composición e o venres as mestras tras unha selección previa publicarán os mellores traballos para que sexades vós os que elixades ós gañadores e/ou gañadoras. Ánimote a participar e a que te esforces na túa composición.





Para finalizar, acabaremos cunha lectura, tamén un pouco especial, a que non estás acostumado. Trátase dunha canción típica galega sobre os maios. Primeiro amosámosche o vídeo por se queres escoitala  e a continuación a letra máis unhas pequenas preguntas para que reflexiones connosco.






https://www.dropbox.com/s/9q1exnuu8jccc8f/habelas%20hainas.pdf?dl=0



Un novo reto! tranquilidade, xa vimos que o reto anterior creou moitas dúbidas, nun anaquiño saberedes a resposta.





4 comentarios:

  1. GUSTOUME MOITO A C ANCION
    ESPERO QUE OS LO ESTEIS PASANDO BIEN

    MUHOS BESITOS Y ABRAZOS.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Sabela, que ben que che descubriramos unha nova canción que che gusta, disfrútaa moito!
      Nós estamos moi ben, esperamos que ti tamén!
      Moitos bicos e abrazos :)

      Eliminar
  2. Encantoume a canción de Habelas hainas!Non a coñecía

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Que ben que che deramos a coñecer unha nova canción para ti, esperamos que a disfrutes cada vez que a escoites!

      Eliminar

Bo verán

Boísimos días a todos e todas! Estás nervioso ou nerviosa?  As mestras moito. Hoxe o curso chega a súa fin, un curso que foi moi d...