mércores, 13 de maio de 2020

Mércores, 13 de maio



Bos días rapaces e rapazas, 
como dixemos estamos a conmemorar a semana das letras galegas e por iso hoxe haberá algunha sorpresiña no noso espazo.

Hoxe traballaremos sobre a área de lingua galega, educación artística e para rematar unha lectura.

Na área de lingua galega traballaremos con Ricardo Carvalho Calero, o escritor homenaxeado este 2020 nas letras galegas. Se queres aprender e saber un pouquiño máis del pincha na imaxe.

https://www.dropbox.com/s/0ugkt2zvvu9cxeu/Lingua%2013%20de%20maio.pdf?dl=0




Continuaremos traballando na área de educación artística. Dado que levamos varias sesións hoxe aprenderemos a facer un material moi sinxelo a través de materiais que temos na casa, para gardar os nosos traballos e se manteñan en bo estado moito tempo. É unha forma tamén de organizalos.



https://www.dropbox.com/s/byc744xzsnnudol/Carpeta%20traballos.pdf?dl=0






Finalmente acabaremos cunha sesión de lectura, como é costume, deixámosche unha historia xunto cunhas preguntas para ler e que reflexiones. Pero dado que é un conto que todos escoitástedes algunha vez tamén cho quixemos contar, por iso pincha antes de nada no título.


https://www.dropbox.com/s/3nkvbypcusmmwv3/lectura.pdf?dl=0








Sen máis deixámosche cun novo reto, ata mañá.



4 comentarios:

  1. Hola!! Son Noa Vieites. Gustaronme moito a lectura e o vídeo.
    Un bico moi grande,
    Noa. 🙋‍♀️🙋‍♀️😘😘😍💜❤🧡💛💘💋👅🤙👍🤦‍♀️🤪🤭

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Noa!
      moitas gracias, agora a descansar.

      Un bico

      Eliminar
    2. Ola! Moitas grazas. A resposta do reto do patiño... Cando a dades?❓😀😜😆🥰🙋‍♀️🐣🐤🐥

      Eliminar
  2. Ola, Alex, son Sarela. Está ao carón da Alameda.
    Bicos.

    ResponderEliminar

Bo verán

Boísimos días a todos e todas! Estás nervioso ou nerviosa?  As mestras moito. Hoxe o curso chega a súa fin, un curso que foi moi d...