martes, 5 de maio de 2020

Martes, 5 de maio






Bos días raparigos e raparigas!

Menuda tormenta tivemos onte a tarde e hoxe parece que seguimos igual, seguro que pronto mellora e podemos saír a desfrutar dun paseo pero mentras imos traballar un pouco ca proposta de hoxe.


https://www.dropbox.com/s/xizq6rzdikxduj3/Lingua%205%20de%20maio.pdf?dl=0 

Primeiro traballaremos lingua galega, concretamente ortografía, como xa dixemos noutras ocasións é moi importante para escribir correctamente. 




A continuación, en Educación Artística aprenderás sobre Piet Mondrian, coñécelo? É un gran pintor holandés que creou cadros magníficos empregando trazos moi sinxelos como os que ves na imaxe. 



Preme enriba da regra, para elaborar o traballo de hoxe 📏



Finalmente acabaremos cun traballo de escritura creativa, co que seguro te divirtes experimentando coas propostas que che facemos.


https://www.dropbox.com/s/8g0rq0pioctoso3/sentimientos%205%20mayo.pdf?dl=0


Ata mañá! Esperamos que aprenderas moito coas propostas de hoxe e non te marearas coa imaxe.




7 comentarios:

  1. Hola!! Son Noa. Gustoume moito os retos de sensacións e sentimientos en escritura. Eu probei o producto de limpeza Mistol (un xabrón) e o alimento probei o queixo só, que o odio.
    Un bico moi grande,
    Noa Vieites

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Noa, alégrome que che gustara. Tamén que a pesar de non gustarche o queixo meteras un cachiño na boca para poder describir mellor o que sentías.
      Unha aperta

      Eliminar
  2. Encantoume o das sensacións en escritura. O alimento que máis noxo me dá é o tomate! case vomito hoxe o probalo! nOn podo con el, e tenteino moitas veces!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Xoel, pois se o tentaches moitas veces e aínda así non che gusta non pasa nada, podes tomar outros alimentos saudables sen ser o tomate. Alégrome que aínda así o probaras hoxe para facer a tarefa de escritura, gracias.
      Unha aperta

      Eliminar
  3. A min gustoume moito a tarefa de plástica. Tardei moito pero o resultado foi incrible!!!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Alex, con trazos sinxelos como liñas rectas e cores primarias podes facer composicións extraordinarias, é cuestión de combinar estes elementos de forma precisa.
      Un bico

      Eliminar
  4. Ola, daquela hoxe si que fixeches un gran descubrimento. Que ben Alex, canto me alegro!
    Unha aperta

    ResponderEliminar

Bo verán

Boísimos días a todos e todas! Estás nervioso ou nerviosa?  As mestras moito. Hoxe o curso chega a súa fin, un curso que foi moi d...