xoves, 7 de maio de 2020





Bos días nenos e nenas, vamos  por un día máis!

As mestras, onte a tarde enviamos unha mensaxe a través do correo electrócnico a todos e todas. Se hai alguén que non o recibiu debe poñerse en contacto connosco, é importante.  
Pero..., agora toca poñerse man a obra.

Traballarás a área de lingua galega, escritura e tamén educación artística. Precisas activar a túa imaxinación e creatividade porque vas a necesitala moito no día de hoxe.

Na área de lingua galega traballaremos cos poemas, seguro que algunha vez liches unha poesía, é un tipo de texto  diferente ós que estamos máis acostumados pero igual de fermosos.
https://www.dropbox.com/s/m2cicm0f3wtvs0y/Lingua%207%20de%20maio.pdf?dl=0




Agora vamos practicar un pouco a escritura  dun xeito moi peculiar. Xa che dixemos que necestarías activar a túa imaxinación. Estaremos intrigadas ata que nos envíes a túa proposta. Tenta ser orixinal.

https://www.dropbox.com/s/nk1440xoibegbhb/que%20ocorrer%C3%ADa%20se...pdf?dl=0






https://www.dropbox.com/s/g4dz4x3o25xnyvd/Piet%20Mondrian%202.pdf?dl=0
Finalmente acabaremos cunha sesión de educación artística, como recordarás o martes coñecimos a un gran pintor, PIET MONDRIAN, pois hoxe continuaremos afondando nas súas obras. Verás que o cadro de hoxe é diferente porque non se trata de arte abstracto... que raro verdade? Pincha na imaxe para averiguar o motivo.





Para rematar, como é costume, propoñémosche un novo reto. En caso de non ter pezas lego, podes usar plastilina ou unha caixa de cartón cortada en cadrados e rectángulos. Esperamos teñas un bo día.








11 comentarios:

  1. Hola :
    Son AroaC . Gustoume moito a clase de oxe

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Bos días Aroa, que ben que che gustase a clase de hoxe! É xenial poder aprender á vez que se desfruta facéndoo.

      Eliminar
    2. Este comentario foi eliminado polo autor.

      Eliminar
  2. Hola son Noa de 3ºA,eu teño un libro con todos os poemas de Manuel María.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Bos días Noa,
      Manuel María foi un poeta galego moi recoñido, moitas das súas obras son consideradas toda unha oda á nosa cultura. Tes un tesouro na casa, desfrútao!

      Eliminar
  3. Hola!! Eu son Noa Vieites. Gustoume moito a clase de Lingua, aunque os poemas non son o meu. 😒

    Pero as veces cando non teña nada que facer escribirei algún, para mellorar.
    Quero que chegue xa o día da videoconferencia porque quero velos a tod@s vos.
    Chao!! Xa nos veremos o Martes!!😘🥴😆😜

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Noa, canto me alegro de ler que aínda que che custen os poemas che gustan e aínda me alegro máis ver que te vas esforzar para mellorar.
      Se te animas a escribir algún non dudes en enviárnolo.
      Unha aperta e vémonos pronto.

      Eliminar
  4. Ola! Costoume moito facer o poema, é un pouco raro! Teño gana de ver aos meus amigos na videoconferencia e tamén a ti profe!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Xoel,
      é un tipo de texto ós que moitas persoas non estamos tan acostumados por iso che custan un pouquiño máis, pero é importante persistir.
      Claro que sí, vémonos moi pronto!
      Unha aperta

      Eliminar
  5. Ola son Sofía,

    hoxe gustaronme os deberes de lingua galega, aínda que tiven que pedir axuda para o poema. O adico as profes e a os meus compañeir@s:
    AMIZADE
    AMIG@ É AQUEL
    QUE NOS FAI RIR.
    AMIG@ TAMÉN É
    SE NOS FAI VIVIR.
    SE NOS FAI CHORRAR
    CON VERDADE
    AMIG@ TAMÉN SERÁ.
    VALORADE POIS A AMIZADE.

    Bicos 💜

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Sofía,
      moitísimas gracias polo poema tan fermoso que nos adicas e que trata un tema tan importante como a amizade.
      Gracias

      Eliminar

Bo verán

Boísimos días a todos e todas! Estás nervioso ou nerviosa?  As mestras moito. Hoxe o curso chega a súa fin, un curso que foi moi d...