luns, 1 de xuño de 2020

Luns, 1 de xuño


BENVIDO XUÑO!

Hola GIFs | Tenor

Parece mentira o rápido que pasa o tempo, verdade? Fai nada estabamos dándolle a benvida ao mes de Maio e cando nos queiramos dar conta xa estamos despedindo este curso… pero mellor non imos pensar niso, que seguro a todos e todas nos pon  moi triste e imos comezar coas tarefas que vos temos preparadas para este luns. 

Ao longo da sesión de hoxe traballaremos as materias de Lingua Castelá, dada a proximidade do Día Mundial do Medio Ambiente faremos algunha actividade relacionada coa temática e remataremos cunha Escritura.

En Lingua Castelá, faremos un percorrido ao longo de toda a gramática traballada ata o momento, cres que a recordas ben? Ímolo comprobar!


O 5 de xuño celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente e por iso, na sesión de Ciencias de hoxe, traballaremos con esta temática. Comezaredes transformándovos en detectives ecolóxicos facendo un pequeno traballo de investigación, para poder despois axudar a atrapar a un delincuente medio ambiental que se colou nun hotel. Serás quen de atrapalo?

                 
 
Na tarefa de Escritura de hoxe, empregaremos de novo unha secuencia lóXica. Pincha para descubrila!


Despedímonos ata mañá cun novo reto de diferenzas. Esta vez o artista é Rodrigo.



DEICA MAÑÁ!

6 comentarios:

  1. Hola son Noa Vázquez de 3ºA e as diferenzas son:
    -A orella
    -A boca
    -A punta da cola
    -O pelos da cara
    -E a barriga

    ResponderEliminar
  2. Hola soy Noa Vieites. Diferencias: la oreja, la barriga, los pelos de la cara, la boca y la pinta de la cola.
    Adiós!!🙋🏽‍♀️🙋🏻‍♀️

    ResponderEliminar
  3. Hola soy Catuxa las diferencias son :la oreja, la barriga, la punta de la cola, la boca y los pelos de la cara.
    Saludos! 🥰🥰🥰🥰🥰

    ResponderEliminar
  4. Hola soy Alex hay varias diferencias: la oreja, la punta de la cola,la patita sentada, el pecho blanco, los pelitos de la cara y la boca roja.
    Adiós.

    ResponderEliminar
  5. Hola son Gloria as diferencias son:a orella,a punta do rabo,o peito que o ten blanco,a pata,e a boca.
    Saudos.

    ResponderEliminar
  6. As diferenzas: a punta do rabo, a barriga, as orellas, a boca e os pelos da cara.
    Xa estamos en xuño quedama menos para as vacacións!

    ResponderEliminar

Bo verán

Boísimos días a todos e todas! Estás nervioso ou nerviosa?  As mestras moito. Hoxe o curso chega a súa fin, un curso que foi moi d...