mércores, 20 de maio de 2020

Mércores, 20 de maio


BOS DÍAS DE MÉRCORES QUE PARECE VENRES!

Como xa vos explicamos o luns, hoxe será o último día que haberá entrada no blog esta semana, pois mañá é festivo e o venres na escola faise ponte. Así que, hoxe témosvos preparada unha entrada que pensamos vos vai a gustar moito.

Comezaremos traballando con Lingua Castelá e as palabras antónimas. Primeiro realizaremos un par de exercicios para recordar que eran estas palabras e despois... A XOGAR!

     

Seguro que moitos e moitas de vós, estabades esperando pola publicación do noso Recetario, así que aquí o tendes!


Podedes descargalo e así ter para sempre estas receitas. Ademais, o recetario tamén estará impreso na biblioteca da escola, para que así todos os nenos e nenas do CEIP de Roxos poidan acceder a el.

Relacionada co noso recetario, presentámosvos a tarefa de Escritura de hoxe:


Por último, xogaremos coa Lóxica e o Razoamento a través de 3 novos enigmas. Recorda seguir a orde para ir do máis fácil ao máis complexo e comprobar as solucións unha vez remates. Non fagas trampas!


 



Antes de despedirnos, anunciar o gañador ou gañadora do CONCURSO DE CARTEIS, pincha na imaxe para coñecer o seu nome.




MOITAS GRAZAS A TODOS E TODAS POR ANIMARVOS A PARTICIPAR!

Agora sí, despedímonos ata o luns co reto diario. Tedes que atopar o corazón que se agocha entre os caracois. Deixade un comentario poñendo ATOPADO cando o consigades, pero non digades onde está para que todos o intenten!



Desfrutade destes 4 días e botádenos moito de menos!

21 comentarios:

  1. hola:
    encontré el corazón,es de color fucsia
    MENCÍA 😍

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. pedón fue el traductor quien puso MENCIÓN
      chao
      MENCIA

      Eliminar
  2. AVISO IMPORTANTE!!!
    Bos días rapaces e rapazas,
    xa traballando? alegrámonos.
    Se queredes coñecer a resposta ó reto de onte debedes ir ós comentarios da publicación de onte.
    Unha aperta

    ResponderEliminar
  3. Atopeino! Tamén rematei os xogos de lóxica, o máis complicado foi o das casas.
    Saúdos.

    ResponderEliminar
  4. Hola encontré el corazón.
    Adiós.

    ResponderEliminar
  5. Atopado!! Por certo, cuando dades a resposta dos cabalos? E a do patiño?? 🤷‍♀️🤷‍♀️
    Ata logo!! 😍😘

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. A resposta dos cabalos está nos comentarios da publicación de onte.
      A resposta do patiño xa a demos: o maior é o patiño porque terá ano e pico. Trátase dun xogo de palabras!

      Eliminar
  6. Noraboa Miguel!! O teu cartel é precioso. A palabra tamén!!☺🧙‍♀️

    ResponderEliminar
  7. Son Sarela.
    Noraboas Miguel!!
    Atopado o corazón. Ata mañá!

    ResponderEliminar

Bo verán

Boísimos días a todos e todas! Estás nervioso ou nerviosa?  As mestras moito. Hoxe o curso chega a súa fin, un curso que foi moi d...