luns, 18 de maio de 2020

Luns, 18 de maio


BOS DÍAS DE LUNS!

Que tal foi a fin de semana? 

Como seguro xa sabedes, esta semana é a Ascensión, unha festa moi importante que se celebra na cidade de Santiago de Compostela. Seguindo o planificación do curso, o xoves e venres non haberá entrada no blog, pois de estar indo á escola, estes dous días non acudiríamos. 
Así que... imos comezar canto antes e aproveitar ao máximo estes tres días para traballar duro!

Na sesión de hoxe traballaremos as materias de Ciencias Naturais e Lingua Castelá. Ademais, tamén traballaremos a Lectura.

En Lingua Castelá, coñeceremos os textos argumentativos a través do concurso de carteis que organizamos. Preme sobre a imaxe dos vídeos para poder ver todos os carteis e seleccionar aquel que ti consideres que merece ser o gañador. Despois pincha sobre a portada para coñecer a tarefa.

  


En Ciencias Naturais, levaremos a cabo un repaso do Tema 4 cun KAHOOT! Si si, non liches mal. Pincha na imaxe, escribe o teu nome e... A XOGAR!



A derradeira tarefa de hoxe, será unha Lectura. Clicka na imaxe!



Gustouvos a lectura? Pois no reto de hoxe animámosvos a que levedes a cabo a mesma manualidade que Joaquín e Elena.


DEICA MAÑÁ!

17 comentarios:

  1. Hola! A min gustoume moito o da CHORIMA, aunque non sei de quien é. Estaba súper-traballado, debeu de costar moito.
    Ata logo, e sorte a todos!! 🥰😀🙋‍♀️🙇‍♀️🤦‍♀️🤷‍♀️

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola! Pois ese cartel fixo Catuxa.
      Polo tanto queda anotado, UN PUNTO PARA CATUXA.
      Seguro que ela che pode explicar mellor, pero o certo, é que está moi traballada e coidada a presentación.
      Entre todos fixéstedes un gran traballo.
      Gracias.

      Eliminar
  2. Hola, a min gustaronme todas pero a que mais a da meiga , estaba moi traballada
    Un bico e boa sorte

    ResponderEliminar
  3. Ola Alex,
    pois queda anotado, UN PUNTO PARA BRAIS.
    Entre todos fixéstedes un gran traballo.
    Gracias

    ResponderEliminar
  4. Ola Gloria,
    pois daquela queda anotado un PUNTO PARA MIGUEL.
    Fixo un gran traballo coa palabra meiga.
    Gracias pola vosa colaboración, entre todos fixéstedes un gran traballo.

    ResponderEliminar
  5. A min gústame moito o da meiga

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Xoel,
      moitas gracias por colaborar e participar.
      Queda anotado, entón, UN PUNTO PARA MIGUEL, pola palabra meiga.
      Un bico

      Eliminar
  6. A min gustoume moito a de AMORODO, aínda que non sei de quen é.
    Noa 3ºA

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Noa,
      pois a palabra amorodo é de Gloria. Fixo unha mestura interesante empregando materiais naturais. Queda anotado polo tanto, UN PUNTO PARA GLORIA.
      Gracias por colaborar e participar.
      Un bico

      Eliminar
  7. Hola elixo a palabra churra.
    Adeus.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Álex, xenial queda anotado, UN PUNTO PARA NOA, dado que é a súa palabra. Fixo unha presentación moi divertida da palabra.
      Unha aperta

      Eliminar
  8. Respostas
    1. Ola, perfecto, gracias pola túa colaboración.
      Ese cartel quedou moi chulo ó mesturar elementos naturais.
      Un bico

      Eliminar
  9. Ola,
    eu voto a la palabra TOXO.
    Un saúdo.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Alex,
      perfecto pois daquela, UN PUNTO PARA YAGO.
      Quedoulle moi ben ó empregar toxos reais e mesturalo cunha boa presentación.
      Gracias pola túa colaboración e participación.
      Unha aperta

      Eliminar
  10. a min gustame o de Miguel
    Soy Xabi

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Hola Xabi,
      perfecto, un PUNTO MÁS PARA MIGUEL.
      Ha realizado un cartel muy bueno.
      Gracias por tu participación y colaboración.

      Eliminar

Bo verán

Boísimos días a todos e todas! Estás nervioso ou nerviosa?  As mestras moito. Hoxe o curso chega a súa fin, un curso que foi moi d...