xoves, 2 de abril de 2020

Xoves, 2 de abril

BOS DÍAS DE XOVES NENOS E NENAS!

Na sesión de hoxe, adicarémonos a traballar nas materias de Lingua Castelá e Ciencias Naturais.


En Lingua Castelá, levaremos a cabo un repaso dos xentilicios e das palabras compostas a través de diferentes xogos. Para descubrilos e pasar un bo rato, só debes clickar en cada unha das seguintes imaxes. 
Deixámosvos tamén uns apuntes acerca destes contidos, botádelle un ollo antes de xogar.



   

Espero que non deixarades moi lonxe a vosa bata de científico e científica, porque na sesión de Ciencias Naturais ídela precisar.



Imos coa sesión de Lectura, nesta ocasión deixámosvos unha historia en galego. Facédea en alto, concentrándovos nas pausas e na entoación.


Para despedirnos, o reto de hoxe. Este consiste en construir un molinete de cor azul e decorar con el as nosas ventás ou balcóns. Por que? Pois porque hoxe, 2 de abril, é o Día Mundial da concienciación sobre o Autismo e o xeito de conmemorar e visibilizar a realidade destas personas dende o confinamento que estamos a vivir é colocando nas nosas ventás ou balcóns, ben un molinete azul ou unha tea desta mesma cor.  Pinchade nel e poderedes ver as instrucións.



10 comentarios:

  1. Hola Mónica.
    Gustoume moito o traballo de hoxe.
    Agora vou facer o molinete.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Que ben que che gustara a sesión de hoxe.
      Esperamos que ese molinete adornase hoxe a túa ventá para conmemorar esta data tan especial!

      Eliminar
  2. a min gustoume moito o xogo das palabras compostas! teño unha disputa con Álex Rey cos tempos, e vai gañando el! pero que se prepare...

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Esperamos que esa disputa non remate con alguén ferido!
      Alégranos saber que desfrutaches co xogo Xoel!

      Eliminar
  3. Hola Xoel, a min tamén me gustou o de palabras compostas ó final imos empates no tempo

    ResponderEliminar
  4. Alégranos moito ler iso Álex, é xenial cando todavía recordamos o estudado hai tempo!

    ResponderEliminar
  5. Hola soy MAURO y a mi lo que más me gustó fue el experimento del agua.
    Mi padre y yo nos olvidamos de sacar el hielo del congelador y lo acabamos hoy por la mañana.

    ResponderEliminar
  6. Hola Mauro!
    Qué alegría recibir noticias tuyas!
    Nos alegramos mucho de que te gustara el experimento :)

    ResponderEliminar

Bo verán

Boísimos días a todos e todas! Estás nervioso ou nerviosa?  As mestras moito. Hoxe o curso chega a súa fin, un curso que foi moi d...