xoves, 16 de abril de 2020

Xoves 16 de abril

BOS DÍAS NENOS E NENAS!

Con este novo día chegan novas tarefas para entreternos. Hoxe adicarémonos a repasar contidos das materias de Lingua Galega e Ciencias Sociais.

En Lingua Galega, preparamos unha recopilación de exercicios moi sinxeliños. Pinchade na imaxe e xa veredes que rápido rematades.



Para o repaso de Ciencias Sociais, tendo en conta o éxito do Kahoot para Ciencias Naturais, aquí vos deixamos outro cuestionario. Recordámosvos as instrucións para poder acceder a el:

1. Clicka na imaxe
2. Introduce o código 01219470 e clicka en ENTER
3. Introduce o teu nome en ENTER NICKNAME 
   e clicka en OK GO!


A sesión de hoxe, rematámola cunha Lectura. Gustaríanos moito que a traballarades en voz alta, facendo as pausas e as entoacións que correspondan.


Antes de despedirnos, recordar que hai nenos e nenas que superaron o scape room e reclamaron o seu póster de recompensa, pero non nos enviaron a dirección de correo electrónico, polo que non volo podemos facer chegar. Enviádenos unha mensaxe ao noso correo electrónico!

E agora sí, mandarvos unha aperta enorme e despedirnos cun novo reto, ATA MAÑÁ!






5 comentarios:

  1. Gracias me gustaron mucho todas las actividades 💖😘

    ResponderEliminar
  2. Hola Mónica.
    Hoxe no KAHOOT cando me faltaba pouco para terminar, tiven que volver a empezar porque marchou a luz, e tiven que volver a rexistrarme con outro usuario.

    ResponderEliminar
  3. Que ben Álex! Claro que sí, podes repetilo cantas veces queiras ;)

    ResponderEliminar

Bo verán

Boísimos días a todos e todas! Estás nervioso ou nerviosa?  As mestras moito. Hoxe o curso chega a súa fin, un curso que foi moi d...