luns, 13 de abril de 2020

Luns 13 marzo






Bos días pequenos e pequenas!

Que tal as vacacións? Esperamos que ben e sigades aproveitando no día de hoxe para facer cousas que vos gusten.

Entre as moitas actividades que podedes levar a cabo deixámovos a proposta de dous vídeos. O primeiro é unha recopilación das vosas obras artísticas. Moitas gracias por enviarnos o voso traballo e que todos poidamos desfrutar del. Animámoste a que nos sigas enviando as creacións que che propoñemos ou outras que ti inventes ou imaxines.

https://www.dropbox.com/s/3nufe010yi7k2bs/Mi%20video.mp4?dl=0


O segundo vídeo que che queremos propoñer é unha actuación do circo do sol que nos pareceu moi entretida e cremos que che pode gustar. Obviamente, non é o mesmo ver calquera tipo de actuación en directo que a través dunha pantalla pero como ben sabedes neste momento é o que nos toca.





Esperamos contribuír a que a tarde de hoxe sexa un pouco máis amena para vós! Ata mañán.






 

3 comentarios:

  1. No vídeo non está o insecto de Xoel, non sei se foi algún erro ou simplemente considerades que non debe de aparecer. Grazas

    ResponderEliminar
  2. Ola Xoel, sinto moito foi un erro por suposto. Probablemente entre todas as imaxes non insertamos a túa, miraremos unha forma de amañalo. Gracias por avisar e disculpa.

    ResponderEliminar
  3. Gustáronme moito os debuxos dos meus compañeiros. O vídeo quedou moi chulo.

    ResponderEliminar

Bo verán

Boísimos días a todos e todas! Estás nervioso ou nerviosa?  As mestras moito. Hoxe o curso chega a súa fin, un curso que foi moi d...